sábado, 2 de enero de 2010

CAMBIO DE ANO




Finou o 2009
e chegou o 2010,
a non ser mellor
que non sexa peor.

Porque o Deus do Ceo
non da feito tanto choio
e na Terra coñecín a un solo,
e este ano xa está morto
hai que ter fe no 2010.

Por pedir que non sexa:
que cambie o tempo,
que o aire sexa mais limpo,
que non haia guerras
e que a xente pense coa cabeza.

Que esto mellore, depende de nós
os anos non teñen a culpa,
eles están ahí para contar o tempo
o demais e cousa de todos
que canto mais temos, mais queremos.

Escoitame Señor, eu só pido,
saúde, traballo e paz
para o mundo enteiro.

Por avoa Sara

2 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Moi ben pola AVOA SARA, eu non a coñezo pero sabe do que fala, muller sabia onde as haxa.

Biquiños e apertas para tod@s e máis para á AVOA SARA.

Anónimo dijo...

supoño que daquela se traballaría un pouco máis na pobra, por que da a impresión cando se pasa por ahí, que todos son días festivos nesa alameda