miércoles, 6 de enero de 2010

DÍA DE REIS E PROSA OU AGHUINALDO DE VÍSPORA E MADRUGHADA DE REIS, por Ramón Laíño





De entrada e como feito destacable deste día son os esperados aghasallos deste día de Reis Maghos.



Na súa reçepçión existía unha preparaçión que era poñerlle na soleira da xanela, ou senón no interior do cuarto detrás da xanela, un plato baldeiro e un vaso con aghua, todo esto para que os camellos deixaran os aghasallos no plato e que beberan do vaso por se tiñan sede. Tamén era un reclamo para que os Reis visen que estaban sendo chamados polos nen@s con ofrendas e que pedían a súa atençión.

Os aghasallos máis frecuentes dos Reis Maghos, naqueles tempos xa idos de nosos pais e dos máis maiores que eles, era pórlle no plato o que houbese pola casa: unhas poucas castañas coçidas, que podían combinar cuns fighos pasos, uvas pasas, ghalletas, ... Un pouco dalghunha cousa destas, porque frecuentemente non había de todo o que se enumera aquí.

Resulta curioso o aghasallo frecuente das castañas no día de Reis e no resto do Nadal, que para min podería ter unha conexión CO APALPADOR diluída no tempo e que pervive por lughares de Lugho ou polo menos as súas xentes aínda o lembran e queren recuperalo.



Como daquela abundaban os carpinteiros, estou por diçir que podería darse a çircunstançia de que alghún pai lle fabricara pola súa conta alghún xoghuete de madeira, pero supoño que o tempo libre empreghado polos maiores sempre iba dedicado a outras tarefas, e a maioría dos nenos reçibía no plato froitos para comer.

Sen afondar na orixe do roscón de Reis, diçir que non se daba por aquí tal feito costumista nesta data concreta.

Sen embargho, menos veçes que máis, podía dárse a fortuna de encontrar pola casa unha pouquiña da neçesaria materia prima tan escasa daquela para elaborar unha pequena rosca feita na casa, a cal podía pórse na mesa en calquera destes tres destacados días.

Esto podía elaborarse coa funçión de postre, que sustituiría ou complementaría un pouco aos postres servidos nas datas sinaladas Noiteboa-Nadal, Noitevella-Primeiro de Ano e Reis.

Deixar claro que esto é moito diçir, xa que se daban situaçións de pasar alghún ano sen postre, posto que xa era complicado ter a comida como sustento neses días e en todo ano.

En día de Reis non existía un festín de mesa ao xantar ou çear como nos referentes e destacados días anteriores. De tódolos xeitos, sempre podía quedar algho dos días pasados que se puderan pór na mesa para lembrar que hoxe aínda estamos en Nadal. 


PROSA OU AGHUINALDO NA VÍSPORA E MADRUGHADA DE REIS (DA PARROQUIA DE CURES E LUGHARES ONDE ABARCABA A SÚA ÇELEBRAÇIÓN. ESTO ERA O QUE SE CANTABA EN REIS EN CADA CASA, E DE RUADA POLAS ALDEAS E LUGHARES.) 

---------------------------------------------------------------------------------------------------


Salen los tres Reyes, dejan su reinado para ir a ver al rey soberano.

Quinçe días haçe que andamos buscando a ese niño hermoso sin poder hallarlo.

Fueron caminando con poca alegría porque les faltaba una hermosa ghuía.

Fueron caminando, lo vieron estar muy resplandeçiente sobre de un portal.

Bájense a la tierra, bájense a la mar, doblen las rodillas para le adorar.

A rosa na maravilla. Viva o amo da casa e maila súa familia, e maila súa familia. A rosa na maravilla.

A rosa no carabel. De hoxe (d´hoxe) en moitos anos viva o home e maila muller, o home e maila muller. A rosa no carabel.

----------------------------------------------------------------------------------------------------



Cheghaban de cantar a prosa, "frecuentemente", dependendo do cansançio ou ánimo, á mañán seghuinte deses días festivos (25 de Nadal, primeiro de ano e 6 de xaneiro día de Reis, como é o caso que nos ocupa), xusto á misa que se estaba çelebrando neses momentos e, á saída delas púñanse a cantar a prosa ou aghuinaldo diante da xente. Verso vai polo cantor do bando dese ghrupo e verso vén polo compañeiro cantor do outro bando dentro do mesmo ghrupo. 
É unha continuaçión da prosa ou aghuinaldo das dúas datas anteriores, so que aghora trata do camiñar dos Reis Maghos de Oriente para encontrar ao neno Xesús.

Ver protocolo da prosa ou aghuinaldo seghundo explicaçión publicada en data de Noiteboa.

No hay comentarios: