O outro día unha noticia que lin no periódico que me chamou a atención. Non ten moito que ver con Agolada, pero aínda así creo que vos será de interese. O titular decía que uns científicos de non sei de que Universidad descubriran que os teclados de ordenador teñen máis bacterias co sitio onde nos sentamolo cú no báter (non me acordo do nome). Esta noticia fíxome moita graza, porque ademais poñía que os teclados tiñan bacterias capaces de producir diarrea ou ata unha intoxicación.
Dende que lin isto ultimamente, creo que incoscientemente ando con máis coidado de non andar tocandome (sen entender mal, que ten moitos sentidos) para non coller unha intoxicación, que xa me chega ben ca tos que teño. A verdade e que iste motivo e ben bo para deixar o blog, aínda que polo momento non o farei, e espero que tarde moito tempo en deixalo.
Eu xa estiven meditando esta noticia, e o que me acaba de vir a cabeza e que me vaia lavar as máns de urxencia. Ata a próxima.
Quedademos cas imaxes que saquei de internet e comparadeas aínda que esa taza do retrete non dudo que teña moitas bacterias co teclado, polo menos neste caso.
2 comentarios:
O que hai que faser é limpar o teclado como se limpa o bater e xa esta limpiño e desinfestado.
non limpes o teclado con lexia que eu xa sei o que lle pasara pois terás que mercar outro,pero limpandolle o polviño e mercando un limpador para teclados xa cho desinfeta,pero hai que ser constante.
Publicar un comentario