viernes, 8 de enero de 2010

OS GOLFIÑOS

Golfiño


Golfiño
NMMP dolphin with locator.jpeg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetácea
Familia: Delphinidae

Os golfiños ou delfíns son mamíferos cetáceos pertencentes á familia Delphinidae.

Tipos de golfiño

Descrición xenérica

O hábitat natural de trinta e tres especies de golfiño é na auga salgada, na costa ou no mar aberto. Porén, cinco especies viven en ríos e lagoas. Algúns golfiños de auga doce viven no encontro da auga doce coa salgada. A especie máis común de encontrar é a Delphinus delphis. A alimentación de golfiños na maioría dos casos é peixe e lura, mais algunhas especies aliméntanse de baleas, pingüíns ou focas. Os golfiños non conseguen mastigar a comida, eles pégana cos dentes e engólena enteira. Para cazar, os golfiños ás veces nadan en grupos un do lado do outro comendo todo o peixe que aparece na recta deles. Porén algúns científicos acreditan que os golfiños usan as vibracións sonoras para saber se teñen peixe máis facilmente. Eles non precisan beber auga, porque no peixe xa teñen a auga necesaria.

Golfiños

Os golfiños son mamíferos que, diferentes do común, viven na auga. Eles teñen un período de xestación de 9 a 12 meses. Os fillotes nacen na auga, o que non é moi común entre mamíferos. Normalmente nace soamente un fillote, a non ser que sexan xémeos. Neste caso un xeralmente morre. Os fillotes de orcas nacen máis ou menos con 2,2 m e 136 kg. Na media da maioría das especies os golfiños pódense reproducir con 7 anos. Os predadores do golfiño son os tiburóns, as baleas e o ser humano. Moitas veces os golfiños morren en redes para pescar atún. Para achar atúns, os pescadores moitas veces procuran por golfiños porque o alimento deles é o mesmo. Para se protexer os golfiños nadan en grupos, porque é mais fácil identificar o inimigo nun grupo do que individualmente. Unha estratexia de sobrevivencia fundamental para os golfiños son as vibracións sonoras. Elas permiten que ouzan outros golfiños, baleas, peixes, barcos e o eco deles mesmos. Eles soltan un son que cando encontra algo volta o son e permite que o golfiño saiba a distancia do individuo, barco, pedra. Os golfiños teñen orellas internas, que permiten que eles ouzam moi ben.

A lingua dos delfíns pode adoptar unha forma "acanalada", o que lles permite ás crías mamar impedindo que se mesture o leite materno coa auga salgada.

É prodixiosa a comunicación que estes animais poden manter co ser humano, e desta especial relación surxe a delfinoterapia, técnica medicinal coa que actualmente é posíbel tratar nenos con discapacidades psíquicas e sensoriais, así como tamén persoas en períodos de rehabilitación de adiccións tales como o alcol ou as drogas.

Evolución

Sábese que os golfiños, xunto coas baleas e as marsopas, descenden de mamíferos terrestres, máis precisamente dos Artiodáctilos. Os esqueletos dos golfiños modernos teñen dous pequenos ósos na pelvis, remanente do que algunha vez foron extremidades posteriores.

Proceso evolutivo do golfiño (delphinidae), en negro móstrase a silueta do cranio e na parte inferior a escala en metros (m).

Un longo proceso evolutivo levou a un pequeno animal terrestre a vivir no mar ata transformarse no actual golfiño. (De arriba a abaixo) primeiro a forma enteiramente terrestre; debaixo, a anfibia. A primeira remonta a fai uns 50 millóns de anos; polo tanto desenvólvese no transcurso da Era Terciaria. A forma anfibia alcanzouse logo de cinco millóns de anos, e outros tantos foron necesarios para que se formase a característica cola con aleta horizontal. As sucesivas transformacións déronse na dirección de afianzar a súa especialización, e refírense ao aumento da masa cerebral e ao nacemento dunha forma alargada do morro, cunha dentadura diferente.

  • Mesonychidae:
Antepasado terrestre eocénico que viviu fai uns 50 millóns de anos.
  • Protocetidae:
A primeira forma acuática coñecida, probablemente anfibia, que viviu fai uns 45 millóns de anos.
  • Dorudontidae:
Forma completamente acuática de fai uns 40 millóns de anos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

qué parentesco teñen cos arroases? no verán en Cabo había un montón. encantabame velos e a verdade e qué non me daban medo.