lunes, 18 de enero de 2010

LEVAMOS A TÚA NAI A UN BALNEARIO




Con motivo do día da nai e deste foro empecei a cavilar sobre o significado da palabra nai e a buscar as definicións que se dan na RAG (nais.f. Muller, ou femia en xeral, que tivo un ou varios fillos [especialmente en relación con estes]. Fiz ten unha nai moi nova. Amor de nai. Os cadeliños saíron da mesma cor cá nai. SIN. mai. CF. madre, mamá.)


Na RAE define como (nai.(Do lat. mater, -tris).1. f. Femia que pareu.2. f. Femia respecto do seu fillo ou fillos. 3. f. Título que se da a certas relixiosas.4. f. Nos hospitais e casas de recollemento, muller a cuxo cargo está o goberno en todo ou en parte. 5. f. Matrís en que se desenvolve o feto. 6. f. Causa, raís ou orixe de onde provén algo. 7. f. Aquelo en que figuradamente concorren algunhas circunstancias propias da maternidade. Sevilla é nai de forasteiros. A nai patria.8. f. Cauce por onde ordinariamente corren as augas dun río ou regueiro.9. f. Rego principal da que parten ou onde desaguan os regueiros (canles que conducen a auga desde un rego).10. f. Alcantarilla ou xurrada mestra.11. f. Borra do mosto, viño ou vinagre, que se pousan no fondo da perfia ou barril, tinalla, etc.12. f. Madeiro principal onde teñen o seu fundamento, suxeción ou apoio outras partes de certos armazons, máquinas, etc., e tamén cando fai oficio de eixo. Nai do cabrestante, do temón, do taxamar 13. f. coloq. Muller ancian do pobo.14. f. Mar. Cartón groso de madeira que va desde a torre ao castelo por cada banda de cruxía.)



Eu penso que non hai palabras que poidan definir ese ser de xénero femenino denotado como Nai. Algo que todo ser sinte realmente o que é, pero non é capaz de definir plenamente. Ao fin e o cabo “Un ser Indefinible de xénero femenino que resulta ser o mellor do mundo”. Así definiría eu nun diccionario propio a palabra NAI despois de ler as definicións nos diccionarios e as historias dos nxeiros… Porque para cada ser a súa nai e “O máximo”



Desta forma empecei eu moitas rabietas de nena pequena cando ía a escola con iso de “Miña nai é a mellor do mundo” e pensándoo ben agora cuns aniños de máis, para quen non? Creo que todos os foreiros coincidimos con isto, non si? Todas teñen os seus momentos de bo humor, de exixencia, de divertimento, de algún berro que outro… pero sempre serán as mellores.



Pois eu sigo coa mesma rabieta que empecei cando era nena e que penso se convirte nunha enfermidade terminal “miña nai é a mellor do mundo”



Porque miña nai sempre está aí apoiando para facer o mellor dos seus fillos. Traballa e traballa e non deixa de traballar. Como di ela “estou cansada de traballar dende os 16 anos para mantervos a vos, e o porquiño xa non da mais. Xa vou merecendo algún descanso non?”



Porque prescinde de moitas cousas para que meu irmán mais eu teñamos sempre o mellor, poder ter uns estudios e un futuro esperanzador.



Porque miña nai e quen de arricarnos un sorriso a todo momento. É capaz de poñerse a facer o paiaso ou mesmo bailar ao ritmo da música que toca meu irmán pola casa, con tal de vernos ledos.



É quen de cociñarnos sempre aquelas empanadiñas que máis nos gustan e mmmm aquelas tartas de chocolate e bizcochiños caseiros que sempre fai cando temos a visita dos amigos na casa. Así despois todos din porque a tua nai é a caña!!!Porque tés unha nai…!!!
Porque no entroido tense pasado horas e horas facéndonos os disfraces para que nos poidamos ir ben guapos e de festa a gusto… Lembro aínda aqueles disfraces tan traballados de bruxa, arlequín, bailarina, pastora… que tanto e tanto chamaron a atención, e todo o mundo preguntaba onde o fixera.



Porque cando vou de compras con ela sempre acabo cun sorriso de orella a orella e non porque me compre toda existencia dos comercios do mundo nonono! que eso tamén o faría na medida do posible, pero non é iso…Como eu son tan distinta nalgúns gustos a ela, pois sempre me acaba soltando un “es máis rara que os pelos do porco”, expresión que a min me fai moitísima gracia.



Xa ten pasado que dependentas ou outra xente que ande polo comercio escoite a expresión e quede abraiada e empece rir. Despois xa entramos nos no cachondeo dos porcos todo o día… e é que como de raros son os pelos do porco?? Algo de obsesión si que ten a muller con ese animal!
Por isto e moitas cousas mais que necesitaría horas, días e incluso meses para acabar a lista sigo coa miña rabieta: MIÑA NAI É A MELLOR DO MUNDO!!

4 comentarios:

Ramón dijo...

Tódalas nais mereçen ir a un balneario, e moito máis, porque o que fan por nós non ten preço.

Mary Hermo dijo...

Todas as nais merecen o mellor pois levannos nas entrañas durante nove meses e logo críannos durante toda a súa vida. Incluso na gran maioría de especies animais fan o mesmo.

Saúdos a tod@s e unha aperta para tod@s.

Anónimo dijo...

non sei a un balneario pero eu estou par ai ó COrpiño

Anónimo dijo...

¿que che pasou ahora?