O enigma da expresión “o carallo vintenove” parece ter chegado ao seu fin. Manuel Díaz Rodríguez, explícanos nun artigo publicado na revista “Setestrelo” (publicación da Escola Oficial de Idiomas de Vigo) que a popular frase ven dos tempos da Restauración Borbonica e fai referencia ao artigo 29 da lei electoral, que proclamaba automáticamente como gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba por un distrito.
Ao parecer, na época eran habituais os fraudes e artimañas para impedir a presentación de candidaturas rivais e aplicar o citado artigo. De aí a expresión, que se usa para indicar escepticismo ou para dar por rematada unha discusión.
“O carallo 29″ é unha expresión que forma parte do acervo popular da lingua galega. O termo carallo (carajo en castelán)
En galego, un dos idiomas máis ricos en matices que hai, esta palabra traspasou a fronteira idiomática ata converterse nun vocablo universal que, sen perder a súa expresividade orixinal, pódese utilizar en diferentes ámbitos e con distintos significados admiración, asombro, desprezo, dúbida…
Precisamente, a expresión “o carallo 29″ ten connotacións de dúbida, reparao, recelo, incertidume ou desconfianza.
E ten unha orixe histórica que se remonta xa aos tempos da Restauración, momento no que o artigo 29 da Lei Electoral proclamaba automáticamente gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrar as votacions.
Motivo polo cal facíase todo o posible, legal ou ilegalmente, por lograr o candidato único e a c onsecuente aplicación do artigo en cuestión.
Razón pola que os galegos, que viviron en primeira persoa o caciquismo da época, bautizaron o artigo con tal expresión, coas connotacions mencionadas xa anteriormente.
Moitos son os que terán escoitado esta expresión algunha vez. Poucos os que coñecen a súa orixe. Pero case ninguén sabe da súa existencia real. Porque sí, existe.
O carallo 29 está no número 29 da Rúa Travesa, como non podía ser doutro xeito, a
Realmente está no 9 da Rúa de San Bieito, rúa perpendicular á Rúa Travesa, que, anque acaba no número 27, se continuase, atoparíamonos no 29 cunha pedra con forma de carallo, de pene.
Para chegar ata alí, e a xeito de orientación, na Praza de Cervantes collemos a rúa que está entre o Restaurante Casa Manolo e a Igrexa de San Bieito do Campo, ambos facendo esquina.
Esa rúa é a Rúa de San Bieito, que baixa ata o Colexio Maior San Agustín. Uns
O CARALLO VINTENOVE: Carta numero 29 do Tarot Galego.
In Galician language the word carallo means the male sexual organ and also is used as an exclamation, the word Vinten.
4 comentarios:
Manda carallo na habana!! Tanto tempo en Santiajo e nunca me fijara. POrque... falamos de Santiajo non?
Sí, alí mesmo. Eu tampouco nunca reparei nese sinal de pedra.
Eu si me teño fixado nesa pedra o que pasaba é que daquela non había tanta necesidade como pode haber hoxe que ata ao mellor pensaría en xogar con ela.
Esto temos que dicirllo a Rodrigo que nunca nos falou dela naquelas clases de arte.
Publicar un comentario