O proxeto nesta ocasión é un catrimotor, un tipo de veículo aéreo parecido a un helicóptero, pero impulsado por catro hélices iguais colocadas en crus e horizontal.
Ademais, as posibilidades de investigación con estes helicópteros de catro motores son moi amplas, e teñen aplicacións moi interesantes. O seu reducido tamaño fainos ideais para entrar e edificios e espazos pechados onde outros robots non poden acceder. Poden incorporar todo tipo de sensores e cámaras de vídeo, polo que son ideais para fotografía aérea, búsqueda e rescate.
Polo momento, a nosa investigación dividirase en dous níveis: a construción dun primeiro prototipo de pequenas dimensións e o estudo e implementación dos necesarios algoritmos de control para estabilizar o veículo no aire.
Nun segundo paso seguiremos dándolle autonomía ó aparato. O obxectivo final é que sexa capas de entrar nun espazo pechado desconocido e facer por sí so un mapa tridimensional do mesmo.
1 comentario:
ECOOOO
ECOOO
ECOO
ECO
Publicar un comentario