Eu tiña unha amiga que un dia namorouse, ela era de cabeza forte e corpo débil e él de corpo forte pero de mente mais débil,e asi formaban unha boa parella.
Quixéronse moitisimo e unha parte moi importante da sua relacion era a comida, encantaballes comer todo tipo de viandas, marisco carne,postres, de todo. Un día a miña amiga douse conta de que o mozo estaba enfermo e que necesitaba axuda asi que deixou todo para apoialo e que saiara adiante. Seguian sendo moi felices a pesar de todo pois uniaos aqueles manxares que poñían na mesa, iban a restaurantes, viaxaban pero a comida era algo que os unía.
Pero por desgracia fai uns anos a enfermedade foi a mais e de repente na mesa solo había polo cocido. A miña amiga non lle importaba pois como ela dicia nas boas e nas malas. Pero eu preocupabame pois cada día estaba mais decaida e a cor da sua pel parecíase cada vez mais a do polo cocido, estaba delgada, demacrada e triste, cando ela sempre fora alegre.
Falou co marido pero el dixolle que xa non podía comer nada mais que polo cocido; e ela resignouse, non tiña forza moral para deixalo, eu dicialle que era xoven, que agora era cando mais podía disfrutar da comida, pois sabia catala, disfrutala e saber si estaba boa ou mala.
Hoxe a miña amiga cando ten dias malos acurrucase no sofa cunha manta e lee libros onde se toma te inglés con pastas e sandwiches salados,ve películas donde todo xira arredor da comida. Di ela que eso axúdaa a superalo.
Siguen xuntos, quérense moito, pero a miña amiga fáltalle vida, e ainda asi siguen cada día sentados a mesa falando, sempre claro diante dun plato de polo cocido.
3 comentarios:
A iso chámase amor sen máis.
amar ó polo cocido
elojo esta muller non meresía un bo postre?
Publicar un comentario