miércoles, 27 de enero de 2010

BANDEIRA DO ARCO DA VELLA

A versión de seis cores da Bandeira do Orgullo Gay é a versión máis empregada actualmente.


A versión orixinal de 1978 tiña dúas franxas adicionais: rosado e turquesa


A bandeira gay ou bandeira do arco da vella (ás veces denominada bandeira da liberdade), foi empregada como símbolo do orgullo gay e lésbico dende a década dos anos 70.


As diferentes cores simbolizan a diversidade na comunidade gay e son utilizadas a miúdo en marchas por reclamos. Naceu nos Estados Unidos, pero agora é utilizada indistintamente por todo o mundo adiante.


A bandeira do arco da vella foi popularizada como símbolo do orgullo gay polo artista nado en San Francisco, Gilbert Baker, en 1978. Na actualide, consiste en seis franxas de cores vermella, laranxa, amarela, verde, azul e violeta. A bandeira copia a orde das cores segundo se suceden no arco da vella.


Historia


Había bandeiras semellantes nos Estados Unidos nos primeiros anos da década dos 70, empregadas como símbolo de unidade internacional de toda a xente do planeta, pero a fins desa década, a relación popular desas cores co orgullo gay comezou a dominar. Así mesma, existían bandeiras similares con anterioridade como a oficial da vila de Cuzco, no Perú.


A bandeira orixinal foi deseñada por Gilbert Baker. Ondeou por primeira vez no Festival do Orgullo de San Francisco, o 25 de xuño de 1978. Consistía en oito cores, con cadanseu significado:


  • Rosa: sexualidade
  • Vermello: vida
  • Laranxa: curación
  • Amarelo: luz do Sol
  • Verde: natureza
  • Turquesa: maxia
  • Azul: serenidade
  • Violeta: espírito



Bandeira do arco da vella na semana Queer Easter de Gemeinde Werneuchen (Alemaña, 16 de abril do 2005)

Bandeira Gay actual


De seis franxas (desde 1979)



De sete franxas (19781979)



De oito franxas (1978)


Despois do 27 de novembro de 1978, para a San Francisco City Supervisor Harvey Milk, a demanda da bandeira do arco da vella acrecentouse. Para alimentar a demanda, a Paramount Flag Company comezou a vender unha nova versión da bandeira, con sete cores, en detrimento da cor rosa. Baker adheriu á nova bandeira debido á pouca ou nula dispoñibilidade de fábricas que empregasen a cor faltante.


En 1979 a bandeira foi modificada de novo. Cando as bandeiras eran pegadas nos postes de luz de San Francisco, as cores centrais camuflábanse cos mesmos postes. Desa forma, o mellor xeito de solucionar ese problema era reducindo a cantidade de cores da bandeira. Desta forma, formouse o deseño actual de seis franxas.


Durante os anos '80 a bandeira acrecentou a súa popularidade a nivel nacional nos Estados Unidos, e posteriormente foi facendo aparicións no eido internacional.


No vixésimoquinto aniversario da súa creación, no 2003, o seu creador, Gilbert Baker, intentou volver a popularizar a bandeira de oito franxas orixinal, sen demasiado éxito, xa que a maioría da comunidade gay inclínase pola máis coñecida bandeira de seis franxas.


O 14 de xuño de 2004, uns activistas gays viaxaron a unhas deshabitadas illas australianas nos mares de coral e ergueron a bandeira gay, proclamando ese territorio libre de Australia.


Véxase tamén: Reino Gay e Lésbico das Illas do Mar de Coral.


Hoxe, moitos homosexuais e defensores dos dereitos de homosexuais, empregan a bandeira nas portas das súas casas ou utilizan calcomanías do arco da vella nos seus vehículos como un símbolo exterior do seu apoio á homosexualidade.

1 comentario:

Anónimo dijo...

SENTENCIA: TODOS SOMOS SERES HUMANS E TEMOS OS MESMOS DEREITOS.