sábado, 16 de enero de 2010

PEMENTOS DE HERBÓN-PADRÓN



“Os pementos de Padrón, uns pican e outros non”


Receita tradicional e outras receitas


A receita tradicional:

A condición de freiduría, é dicir, “canto mellor estén fritidos os pementos mellor saben”, de ahí que inclúamos unha receita tradicional de cómo freir os pementos, para desmentir falsas creenzas. Logo depende de se aún, lle gustan máis ou menos fritos.


A receita tradicional (preparación sinxela):

Os pementos lávanse e sécanse, quítaselles o tallo, frítense en abundante aceite de oliva, botándoos na tixola cando o aceite non estea demasiado quente. Déixanse fritir, e unha vez ao gusto retíranse e bótaselle sal grosa.

Poderás atopar tamén a receta tradicional en todas as bolsas de A Pementeira, na parte posterior.

Poden tomarse solos como aperitivo ou tamén en guarnicións de carne ou peixe, sendo cada vez máis habitual incluílos en todo tipo de receitas.


O pemento como froito pódese cociñar ou preparar de diferentes formas: cru, fríto, moído, asado, no gazpacho, … segundo a súas características de tamaño, gordura etc.


O Pemento de Herbón na alimentación:

Considerando este coma unha hortaliza en función da forma de presentación ó consumidor: o pemento: primeira gama: Hortalizas frescas.


Considerando este coma unha hortaliza clasificada en función da parte da planta á que pertencen: froito: pementos.


Este froito posúe as carácterísticas das hortalizas frescas de primeira gama, destacando sobre todo o seu aporte de auga.


Conservación ou vida útil:

Os Pementos de Herbón –Padrón-, débense manter nun lugar fresco e seco, ou en frío, evitando o deterioro do seu aspecto físico (cor, brillo, …). Para evitar que modifique o seu aroma ou cor, hai que reservalos nun lugar fresco da cociña, sen excesos de calor, na súa propia bolsa e ben pechada. Dado que si se expoñen a calores intensas poden ir aumentando o seu picante no espazo - tempo, coa consecuente perda de auga. Si é que se gardan na neveira evitar temperaturas demasiado baixas menores de 5 grados, para evitar que se poñan ennegrecidos, preferentemente colocalos na zona baixa da nevera, ou na xa adaptada para as hortalizas.


A data de consumición preferente debe ser entre 7 e 15 días ou máis dependendo da conservación proporcionada, como máximo. Recomendable desde ó día da recollida ata os cinco ou sete días seguíntes ó envasado.


Pementos conxelados:

A preparación dos pementos conxelados, é idéntica, frítense os pementos como se se foran a consumirse, deixándoos ata case o final, máis ou menos tostados, segundo gusten. Logo escúrrense do aceite e empaquétanse para conxelar. Para a desconxelación sácanse 24 horas antes e hai dúas posibilidades: primeira, quéntanse en aceite e dánselle unha calentura ou métense no microondas un minuto e listos para presentar, sen olvidarse de votarlle o sal.


Anotación:

Cómpre ter en conta que a porcentaxe de pementos nos que o nivel de capsaicina é suficientemente para que estes poidan picar rolda o 10%, de aí que diante dun prato de pementos, e considerando a selección que facemos deles, estes non deberían exceder este límite, entre 10% ou 20%, aínda que non é unha ciencia exacta. ¡Os pementos de padrón uns pican e outros non!


OUTRAS RECEITAS

Aquí presentamos algunhas receitas, ¡Olládeas!:

Enviade as vosas propostas, con novos sabores en innovadoras receitas.

Recomendación: aceptan moi ben as misturas saladas, pero probade con novas ideas e ¡Compartídeas!.


Consello: os que non poidan consumir os pementos con sal ou fritos probade a facelos á prancha ou no microondas, cunha pinga de aceite de oliva.




VER MÁIS RECEITAS DE PEMENTOS DE PADRÓN

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Aïaïaï...un pouco de auga por favor! E un pouquiño de pan...uf...xa pasou...vese que é da terra onde uns pican e outros non...pero sen pasarse!!
Lastima que non sexa aínda a temporada, bon appétit!

Mary Hermo dijo...

Eu perdome comendo estes pementos e se pican moito mellor, e que rica está a tortilla de pementos de Padrón, ou se llos votades a un arroz. Eu non teño palabras para este exquisito manxar pois é delicioso.