En 1913, Steward Edward White, un cazador americano, escribía "Estivemos camiñando millas e millas por terra reseca … entón vin unhas árbores verdes xunto a un río, camiñei dúas millas máis e atopeime no paraíso”
Acababa de encontrar o Serengeti, terra de pasto dos masai durante milenios.
Para eles, o Siringitu é a “terra que transcorre para sempre”.
A rexión do Serengeti, de 30.000 Km2 inclúe o Parque Nacional do Serengeti, a Área de Conservación do Ngorongoro, a reserva de caza de Maswa, as Áreas Controladas de Loliondo, Grumeti e Ikorongo e a Reserva Nacional de Masai Mara, en Kenia.
Os seus ecosistemas únicos, con condicións climáticas e biolóxicas que se mantiveron durante un millón de anos, inspiraron a escritores, directores de cine, fotógrafos e científicos e, actualmente, máis de 90.000 turistas visitan a zona cada ano.
O Parque Nacional de Serengeti exténdese sobre 14.763 Km2, configurando a maior reserva natural do país con diferentes paisaxes -inmensas pradeiras, formacións rochosas, bosques de acacias, etc.
onde conviven millóns de ungulados, os máis comúns ñus e cebras, en busca de pasto, perseguidos por depredadores como leóns e leopardos.
Sen dúbida, o máis impresionante do parque son as grandes migracións de ñus, que atravesa no río Mara apesares do acoso dos crocodilos.
Ademais de ñus, no parque pódense ver xirafas, búfalos, leóns de melena negra, impalas, leopardos, voitres, gatopardos, etc.
Mais Informacion:
Lugares de interese
Guia de Tanzania
2 comentarios:
Ten que ser fermoso, sen lugar a dúbida hai que conservalo tal é como está e os turistas deben mirar pero sen tocar nin intervir para nada nesa vida natural que é única.
A mín gostaríame visitar algunhas zonas por que realmente debe ser un verdadeiro paraiso.
Por outro lado, supoño que os que tivechedes vacacións durante o Nadal xa comezaríades o traballo, así que xa sabedes non vos esquezades de votarlle unha ollada ao blog e comentar se queredes.
Unha aperta forte a tod@s.
este sitio debe de ser unha maravilla, sentarse ali e ver amanecer debe ser algo irrepetible, ver aquel monte e poder ir por aquel parque natural, quén tivera saude e cartos para estar alí.
Publicar un comentario