A peor viaxe do mundo
Extraordinario relato de Apsley Cherry-Garrard sobre a expedición de Robert Falcon Scott ao polo sur.
Dita expedición tivo lugar entre os anos 1910 e 1912. Scott e catro expedicionarios máis chegaron ao polo so uns días despois de que o fixera por primeira vez na historia o noruegués Roald Amundsen.
Na viaxe de volta á base situada na costa antártica, Scott e os seus compañeiros atoparon a morte pola fame o frío e o agotamento físico.
A finais do século XIX e principios do XX, desatouse o interés por chegar a ámbolos dous polos. Diversos grupos expedicionarios competiron por seren os primeiros. Os que estaban en mellores condicións de conquistar o polo Sur eran Amundsen e o inglés Scott.
Este libro describe as peripecias do grupo de Scott. Está escrito por un membro do grupo que non participou no asalto final ao polo, pero si nas tarefas de preparación e apoio. O relato e directo, sen adornos, transmite con moita forza todas as penalidades e o comportamento dos homes en situacións límite.
É un libro longo pero que se le con gañas de saber máis e máis. Aínda que o desenlace é coñecido, porque está na historia (a victoria de Amundsen e o falecemento dos cinco conquistadores de Scott no regreso), manténse a tensión por saber que foi o que ocurríu e cal foi o verdadeiro problema para que Scott fracasara no seu obxectivo principal, que non era chegar ao polo, senon regresar sans e salvos.
Quen queira saber que son os tan repetidos sentido práctico e cabalerosidade dos ingleses, aquí ten un valioso documento para empezar a entendelo.
As expedicións xeográficas dos séculos 18, 19 e 20, son tamén exploracións científicas. No caso das viaxes ao polo, os viaxeiros facían estudios en diversos campos: magnetismo terrestre, meteoroloxía, botánica e zooloxía (son moi importantes as contribucións do grupo de Scott ao coñecemento do comportamento de varias especies de pingüinos, focas, e aves) e, por suposto, a formación e evolución de diversos tipos de xeos (barreiras, bandeixas, icebergs, glaciares...)
2 comentarios:
Penso, e creo que non me equivoco, que Sir Robert Falcon Scott e os seus compañeiros, eran verdadeiros cabaleiros, alto talante moral, moitos prinçipios, con escrúpulos, con misión çientífica, biolóxica, xeolóxica, meteoroloxía, magnetismo…, de recollida de mostras e mapas por onde pasaban, tamén de aventura, como non.
Tiveron a desgraçia de escoller o peor traxecto cunhas condicións climáticas que se dan cada x tempo nesa parte da Antártica, entre outras erradas opçións persoais á hora de proveerse e deçidir os medios axeitados para ese territorio, clima e camiño a escoller.
En comparança, a ruta de Admunsen, de acordo cos expertos, non era tan extrema climatolóxicamente como a de Scott, pese a ser dura estando na Antártica. Seghundo os historiadores, Scott levaba a cabo unha misión moi completa á hora de estudiar, analisar e clasificar todo a seu paso, en contraste con Admunsen que estaba ben equipado ao estilo dos indíxenas inuit e so se preocupaba de esquiar e ghañar.
Pódese concluír que o explorador norueghués, xa preparado e instruído con antelaçión, so buscou a competiçión e reghresar vivo, dentro do oportunismo por cheghar primeiro, sen máis fin que ese, aparte das malas artes e xoghadas suçias que lle tivo feito a Scott.
Queda na lembrança, a memoria de Scott e os seus homes, altruistas, sacrificados por conoçer e transmitir ao mundo o que vían e estudiaban. Deron a súa vida dun xeito moi extremo e sobrehumano. Nunca se esquençerá o seu sacrifiçio.
FORON UNS VERDADEIROS CABALEIROS BRITÁNICOS DE ALTOS IDEAIS.
A propósito, ¿entereime tardiamente do terremoto de Haití?
Menuda masacre!
Publicar un comentario