martes, 16 de marzo de 2010

AMISTADE RECUPERADA, por Melan




A LEDICIA DE RECUPERAR A UN AMIGO VALE PUBLICAR CALQUERA FOTO NOSA, POR QUEN SERÁ?... VÁLEO!!! E DE FESTEXAR O SEU CUMPREANOS TAMÉN!!!



Cando un amigo volve a nosas vidas, despois de telo lonxe moito tempo, séntese como se todo renacera, como se no lugar do outono comezara a primavera aquí no sur.



Cando un amigo volve, o corazón da un brinco de ledicia e un sente aquela frase dunha película como tan certa “... moita verdade que paga a pena estar vivo!.



É aí onde un dase conta que hai moitas razóns polas que ao fin estamos aquí, unha delas é ter amigos.



Eses que nos comprenden e que comprendemos, eses que conteñen e que tratamos de conter, eses que se van pero cando volven abrázannos, eses que ao fin... forman parte das nosas vidas, porque están nelas, porque diariamente están nos nosos corazóns, porque nos preocupamos polas súas tristuras anque moitas veces non podamos facer mais nada que rezar e outras ... se podemos ... facémolo coma por un irmán.



Cando un amigo moi querido volve a nosas vidas, non so lle perdoamos calquera cousa, senón que somos capaces ata de ... publicar!! as bromas que nos fixeron, todo porque o queremos e volveu ...



Cando un amigo volve a nosa vida en definitiva ... é como se a nosa historia volvera ter sentido, perder afectos, amores, é o mais triste que poda sucedernos na vida e ... recuperalos ... o mais fermoso e feliz.



Melan, feliz porque recuperou a un amigo...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A foto é moi bonita..Onde é??

Anónimo dijo...

Onde é a foto?

Anónimo dijo...

É a rosa dos ventos na Coruña

Ramon dijo...

Falando de amistade recuperada, desexo verdadeiramente que Luís Ferreirós e Mari Hermo se recuperen canto antes e que estean de volta con nós o máis axiña posible.

Unha lembrança fraterna para vós, tamén a tódalas persoas convaleçentes na mesma situaçión e aos familiares que están ao voso redor.

Saúde e benestar en tódolos aspectos para todo o mundo a onde alcançen estes desexos de boa vontade.

Anónimo dijo...

Alguén pode informar do que lle pasa a Mary Hermo e a Luis????