A ilustración máis vella dun condón atopouse en Exipto e data de mais de 3000 anos.
É difiicil xulgar que idea tiñan os exipcios acerca do preservativo. Poderiano ter usado por motivos sexuais e relixiosos.
A evidencia mais pronta do uso do condón no vello mundo está en pinturas na cova en Combarelles en Francia de data aproximada do
Algúns historiadores sosteñen que os romanos realizaban preservativos do tecido muscular dos guerreiros derrotados.
A primeira publicación coñecida con respecto ao uso do profiláctico foi feita polo italiano Gabrielle Fallopius no 1500. Él realizou un ensaio sobre o uso dunha vaina feita del iño, que utilizaron arredor de 1100 homes, dando como resultado que ningún deles infectouse con sífilis.
Os profilácticos máis vellos atopáronse nos poboados preto do Castelo de Dudley en Birmingham, Inglaterra, estes realizábanse con intestinos de peixes e doutros animais e datan de 1640, utilizábanse para previr as infeccións sexualmente transmitidas e probablemente tiveron a súa orixe durante a guerra entre as forzas de Oliver Cromwell e os soldados do Rei Carlos I.
En 1766 moitas "farmacias" estaban anunciando a súa venda ao público, condóns feitos de intestinos de ovella que nalgúns sitios aínda os utilizan na actualidade.
A orixe da palabra condón é aínda descoñecida. Unha teoría atribúe a invención ao Dr. Condón ou Conton quen ao pedido do Rei Carlos II de Inglaterra (1600), buscou un método eficaz para que o rei evitara enxendrar fillos ilexítimos e se preservara de enfermidades infecciosas adquiridas no coito con prostitutas. Pero probablemente o nome deriva do latín "condus", que significa receptáculo.
Documentos atopados suxiren quen o século 19, o lendario Casanova era un usuario regular deste tip ode método de protección. Referías ea eles como Redingote Anglaise (Paseo Inglés a cabalo en chaqueta).
En Xapón coñecíanse dous tipos de preservativos. O Kawagata ou Kyota realizábase de coiro delgado e o Kabutogata de carey ou cornos.
Xa en 1830 producíronse preservativos en forma masiva, cando Charles Goodyear patentou a vulcanización de caucho. A vulcanización é o método ou proceso de tratar caucho cru con xufre e sometelo a intenso calor. Este proceso converte o caucho nun material elástico forte.
A principios do século XX , a Asociación de Hixiene Social Americana loitaba para prohibir o uso do profiláctico. Os hixienistas sociais sostiñan que aquel que se arriscaba a unha venérea debía sufrir as consecuencias, incluíndo aos soldados que loitaban durante a Primeira Guerra Mundial.
O exército norteamericano en Europa foi o único que tiña negado o uso de preservativos. Non é casual que as tropas norteamericanas tiña no índice máis alto de infeccións sexualmente transmitidas. A Secretaria da Armada afirmaba que o uso do forro era inmoral e "anticristiano", algunhas agrupacións católicas siguen sostendo esta anacronía.
Un dos desafíos de Margaret Sanger, fundadora da Paternidade Responsable, loitou polo dereito das mulleres ao control da natalidade e polo uso do profiláctico.
Esta loita dou a que se lle permitira aos médicos prescribir condóns para protexer aos homes da sífilis e gonorrea, cando tiñan actos extramatrimoniais. As mulleres, sen embargo, non podían conseguir preservativos para protexerse dos embarazos non desexados.
Arredor de 1930 o látex líquido reemprazara ao uso do caucho, dando a base que se utiliza ata hoxe en día para a súa fabricación.
Os nazis prohibiron o uso de preservativos, ou calquera outro tipo de control natal aos seus cidadáns, esperábase que eles enxendraran guerreiros para crear un mundo ario. Sen embargo o exército nazi permitíalle aos seus soldados usar forros cando estaban n afronte de batalla para previr a sífilis e gonorrea.
En Estados Unidos, durante a Segunda Guerra Mundial, os líderes militares tiveron unha actitude mais realista sobre os preservativos. Pensando que "os chavales" traerían a sua casa enfermidades e infectaran a súas esposas, realizouse unha campaña agresiva sobre o seu uso.
Filmes de propaganda insistían aos soldados no seu beneficio. Repartíronse masivamente aos soldados durante o desembarco en Dunkirk en 1942.
A revolución sexual dos anos sesenta case acabou co uso do forro. As píldoras e outros métodos de anticoncepción como o DIU e o tratamento con penicilina das enfermidades de transmisión sexual sacou da escea ao preservativo.
Cando o VIH foi identificado como o causante do SIDA, púxose en claro que o uso do preservativo podía previr a epidemia.
Nos 90 as novas tecnoloxía habilitaron a produción de versións máis sofisticadas e mais elásticas aínda, reemprazando ao látex polo poliuretano sendo este dúas veces mais forte que o látex e proporciona unha aínda sensibilidade maior.
Algúns gobernos compórtanse como os hixienistas sociais de principios de século, cando continúan negando a necesidade de estimular públicamente o uso do condón. A esta altura da epidemia, soster unha posición deste tipo resulta inadmisible.
Hai unha necesidade, de políticas activas de campañas a favor do uso dos preservativos. En Estados Unidos, a maioría dos distritos escolares non so se negan a distribuír condóns, tamén se negan a proporcionar información acerca da sexualidade responsable, e información sobre o SIDA.
Profesionais, activistas e promotores da saúde ven como a historia se repite, e a promoción do uso do condón sigue sendo unha controversia na saúde pública.
2 comentarios:
Que aljunha infle aljún para min.
A secretaria do convento está escribindo unha carta e comenza:
"Querido Monseñor..."
Dase de conta de que éste pode interpretar mal as súas palabras, e volve a empezar:
"Excelentísimo Monseñor..."
Recapacita pensando que lle queda demasiado formal, e volve a empezar:
" Sr Monseñor..."
Cómo ésto lle parece moi mundano, decide que o millor é:
" Don Monseñor..."
Aínda para asegurarse de non mete-la pata, pregúntalle á Nai Superiora:
-"Madre, ¿Monseñor ponse con Don?
- ¡Claro que se pon condón, filla!. Pois si non o fixera en vez dun convento,esto parecería unha guardería.
Publicar un comentario