viernes, 19 de marzo de 2010

DÍA DOS PAIS



O Dia dos Pais ten orixe na antiga Babilónia, hai mais de 4 mil anos. Un xove chamado Elmesu moldeu en arxila o primeiro cartón. Desexaba sorte, saúde e longa vida a seu pai.[1]



A señora Sonora Smart Dodd, de Washington, foi a que propuxo a idea do “día do pai” en 1909.


A señora Sonora Smart Dodd quería que existira un día especial que honrara a seu pai, Henry Jackson Smart. Henry Jackson Smart, veterano da guerra civil, converteuse en viuvo cando a súa esposa (a nai da señora Dodd) morreu en parto co seu sexto neno.


Foi nunha granxa rural no estado de Washintong en que o Sr. Smart fíxose cargo para educar a seis nenos. Foi despois en que a señora Dodd douse conta que seu pai fora un verdadeiro exemplo ao criar a tódolos seus fillos con verdadeira educación e valores.


O primeiro día do pai celebrouse o 19 de xuño de 1910 en Spokane, Washintong. Nese mesmo tempo en varias cidades a través de Estados Unidos a xente comezaba a celebrar “O día do Pai”.


En 1924 o presidente Calvin Coolidge fixo o día do pai como unha celebración nacional. Finalmente en 1966 o presidente Lyndon Johnson asinou unha proclama presidencial que declaraba o 3ro domingo de xuño como día do pai.


Nalgúns países de Latino América celébrase o día do pai en diferentes datas, por exemplo en México celébrase o día 20 de xuño, en Costa Rica o 21, etc…


O día do pai é un día non soamente para honrar a noso pai, senón a tódolos homes que actúan como figura do pai. Celebrar aos padastros, aos tíos, aos avós, e en xeral á figura paterna, xa que todos son acredores a que se lles celebre o Día do Pai.

No hay comentarios: