jueves, 4 de marzo de 2010

FARIÑA DE TARAMUNDI, por Frangullas polo chan




A última vez que estivemos en Taramundi entretivémonos unha noite despois de cear espiando a través dunha ventá o traballo dos panadeiros nun dos fornos do pobo.

Nesta ocasión, lembrando aquilo, ocurréuseme ir comprar fariña. Como era sábado e xa un pouco tarde, os fornos xa pecharan e só atopamos una panadería-cafetería aberta.

Non souberon dicirme se a fariña que tiñan á venda era de forza ou non e o envoltorio non aportaba ningunha información porque a envasan toda (millo ou trigo, integral ou branca) nas mesmas bolsas de papel que non din máis que "moída en muíño de pedra" e teñen un debuxo do muíño de Teixois.

É unha fariña de cor algo amarela e cheira ben. Non parece ter moito glute pero non fixen comprobacións científicas ao respecto.


Fixen con ela unha masa que me sorprendeu polo ben que resultou. Coa metade desa masa fixen unhas pitas e coa outra, amasada por segunda vez, un pan bregado e branquiño dos que lle gustan ao ganapán inofensivo.

Das pitas non temos fotos porque hai que comelas quentiñas e ademáis había moita fame. O pan explícoo aquí.

Gustoume esta fariña, hei comprar máis cando volte pola zona.

No hay comentarios: