Con once ou doce anos cres que o único que precisas é demostrarlles aos teus pais que xa es maior, polo que decides prescindir da merenda.
Con catorce, decátaste do equivocado que estabas, sobre todo cando a eso das seis da tarde saes de bañarte na praia e ves a unha lexión de pequenos de 6 anos comendo bocatas de chocolate.
Entón rememoras esas épocas, nas que ti, un neno dos noventa comías o bocadillo de nocilla, mortadela ou salchichón sentado nas esterillas da época baixo a atenta mirada da túa nai.
Pero nese intre o teu padal non disfruta, porque a túa preocupación máxima consiste en rematar canto antes para ir xogar con Migueliño, quen xa se zampou o bocata.
Nesas estás ti, inquedo, tanto que te levantas, mastiga que mastiga aínda a risco de afogar cando de fondo non podes senón oír a túa nai dicindo «senta, que che vai caer, que che vai caer o bocadillo».
Dito e feito. Non sabes como nin de que maneira, pero o boliño con restos de papel aluminio caeu de cheo na area.
Ti miras a túa nai como con cara de pena, pensando «polo menos agora xa podo ir xogar», mais o xesto non vale de nada.
As nais, que de todo saben e entenden, collen o corpo do delito sóplanlle un pouco e soltan de seguido un «listo para comer».
Entón ti sentas de novo na esterilla de esparto, mordes e sentes ruxir as areas nos dentes. Bebes un grolo. Con auga sempre baixa mellor.
1 comentario:
É ben certo que estas cousas pasaban antes, se o bocadillo caía ó chan non pasaba nada viña túa nai limpabao un pouco e a comelo; pero agora diso nada, xa se leva reposto por si eso sucede ou daselle un donuts ou algo similar, pois a ningunha nai se lle pasa pola cabeza recollelo e soplarlle non vaia ser que esté cheo de microbios, e por desgraza a si se fan nen@s de cristal que logo desenrolan alerxias varias por non estar nunca en contacto co medio que os rodea, alerxias ó pó, ó polen, etc...
Un saúdiño para tod@s e moitas apertas, e como se achega a semana santa espero que os que vaiades de vacacións o pasedes ben, e os que por algún motivo teñades que quedar na casa levantade ese ánimo que podemos xuntarnos e ir de carallada aínda que sexa dentro dunha cama.
Publicar un comentario