jueves, 18 de marzo de 2010

ANCLADOS AO PASADO





Non vivir anclados ao pasado


Podemos converternos en vítmas mediante o procedemento de concentrarnos no pasado. Se outras persoas están dispostas a utilizar as referencias ao pasado para manipularnos segundo lles conveña, podemos traballar para gañar nese terreo.


Vostede como moitos outros, vive sobre a base de crenzas anteriores que xa nin sequera aplican ao momento presente. Cando valoramos a influencia que o pasado exerceu nas nosas vidas, asegurémonos de non caer na tentación de crer que o próximo é responsable do que sentimos, do que facemos ou deixamos de facer hoxe.


Se vostede é das persoas que se empeña en botarlle a culpa dos problemas actuais a seus pais, a seus avós, aos tempos difíciles ou ao que sexa, grávese na súa mente esta frase: Se o meu pasado ten a culpa do que son actualmente e é imposible cambiar o pasado, ¿estou sentenciado a permanecer como me encontro agora?


O hoxe sempre é unha experiencia importante e un pode adoptar agora mesmo a decisión de tirar pola borda tódalas cousas desagradables que lembre dos eu pasado e facer deste instante o mellor posible.


A sinxela verdade acerca de seus pais é que eles fixeron o mellor que puderon e punto. Se seu pai era un alcohólico e abandonouno cando era un neno, se súan ai era sobreprotectora e preocupada, entón é que non sabían facer outra cousa naquel momento.


Sexan cales foran as desgrazas que lle sucederon na súa xuventude, é moi probable que vostede as imaxine hoxe moito máis traumáticas do que foron naquel momento.


Cada un de nós debe asumir plena responsabilidade pola súa vida. Culpar a nosos pais e ao pasado equivale a non medrar, equivale a estancarnos. Lamentablemente iso é o que moitos fan.


Frases tales como: Meus pais eran irresponsables, Meus pais eran inhibidos, Miña nai era sobreprotectora, Meus pais non estaban ao tanto das miñas necesidades, Meu pai era demasiado rigoroso, Meu pai abandonoume, Vivía no campo e non tiña intimidade con ninguén.


Con todas estas frases, calquera que sexan as razóns que vostede elixa, debe ter presente que non existen interpretacións exactas do pasado de ninguén.


O máis que calquera psicoterapeuta, psicólogo ou psiquiatra pode proporcionarlle son suposicións, porque non se conoce 100% o terro da mente humana.


Estas suposicións en todo caso van promover a súa auto comprensión se cre que son acertadas. Un psiquiatra ou psicólogo non é infalible, nin ten nas súas mans o coñecemento total da mente.


Dentro do terreo da psicoloxía hai moitas e moi boas teorías, pero a psicoloxía aínda ten indefinicións e hai moitos conceptos diferentes.


O máis que fará un psiquiatra ou un psicólogo é axudarlle a encontrarse a si mesmo con axuda dalgunhas teorías, con algunhas suposicións da súa conduta pasada.


En varias das súas obras Shakespeare alude á necedade de consumirse un mesmo co pasado. Nun punto advirte: "O que xa pasou e non serve de axuda, non debe servir de aflición”.


Noutro dos seus versos lémbranos que as cousas que non teñen remedio, tampouco deben importarnos xa; o feito, feito está.


A arte de esquecer é esencial para a arte de vivir. Todas esas espantosas lembranças que tan coidadosamente foi almacenando no seu cerebro, distan moito de merecer que os conserve.


Como dono e señor do que vostede alberga na súa mente, non ten por qué elixir o conservalos.


Se o trataron de xeito realmente horrible, aprenda diso, prométase non tratar así aos demais e perdoe no fondo do seu corazón a tales persoas.


Se non pode perdoar, será porque elixe seguir tomando unha posición lastimeira que so vai proporcionarlle maior tiranía.


Pero se vostede esquece e perdoa, beneficiarase. Do contrario, vostede será a única persoa que sufra con iso.

No hay comentarios: