Onte fomos cuns amigos a Andorra e, anque o día non acompañaba moito, síe que tiñamos ganas de pasar un bo rato de compras. Digo que o día non acompañaba porque non parou de chover nin un minuto durante a nosa estancia en Andorra La Vella.
Así que xa nos ves a todos con paraugas na man, un para cada un, e deste xeito tratamos de mollar o menos posible. Non so chovía, o frío tamén era importante e o pouco que se vía das montañas, por estar o ceo encapotado, era que estaban nevadas nas cotas máis altas.
Na entrada da maioría de tendas atopábaste cun paragueiro ou un recipiente que facía as veces de almacén de paraugas dos clientes.
A verdade é que era cómodo deixar o paraugas na entrada da tenda, porse a mirar, remirar e no seu caso comprar, e ao saír recollíalo do paragueiro para volver abrilo e irte a outra tenda.
Este sistema funcionounos en varias tendas como en Júlia, G-Star, … pero ao chegar a Massimo Dutti todo trocou. Ao entrar deixamos o paraugas no paragueiro situado na parte esquerda da entrada, e baixamos ao soto para que Adriana e as súas amigas ollaran a roupa de tempada.
Foi curioso porque comenteille a unha das súas amigas que, sempre que deixaba o paraugas nun sitio destes, non as tiña todas comigo. Dábame a impresión que en calquera momento íbanmo a limpar, voluntaria ou involuntariamente, pero que igual ao volver xa non estaba.
E efectivamente. Adriana comprouse algunhas cousas, e no momento de pagar, vin que o paragueiro estaba moi baleiro. Entón arrimeime a comprobar se o meu paraugas aínda estaba alí, e cal foi miña sorpresa ao ver que xa non estaba, que o ladrón de paraugas tamén actuaba en Andorra La Vella.
Cando che rouban algo, a impotencia que sentes é difícil de expresar, e a carraxe que fai que che rouben un mísero paraugas é bárbara. Non acostumo ser violento, pero se me chego cruzar co tipo que ten agora o meu paraugas e rómpollo na cara…
Fun un momento compartindo o paraugas de Adriana, ata que noutra tenda comprinme outro paraugas pleglable negro por 15€. Así que, mirando a parte positiva da historia: teño paraugas novo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario