lunes, 15 de marzo de 2010

EXPULSADA, ACOSADA E INSULTADA POR LEVAR MINISAIA



A agresión, na Rede


Boa parte do mérito de que a historia de Geisy Arruda transcendese aos medios locais de São Paulo débese a Internet.


Un vídeo colgado en YouTube mostra á xoven sentada na clase cun vestido ata a metade do muslo.


Despois, a xove sae escoltada por policías mentres sae do lugar, cuberta cunha chaqueta branca e baixo os insultos de deceas de estudantes. O vídeo deixa claro os berros que lle botaban.


Na versión en liña do diario Folha de São Paulo Henrique Morales opinaba que a reacción contra Arruda responde a "un moralismo estreito e unha dobre moral”; mentres que Lilian Camelo xulgaba que a expulsión fora “correcta” ou se pregunta se ¿esta persoa realmente cre que pode ir a unha clase cunha chambra? Porque para ser un vestido debería chegar polo menos preto do xeonllo”.


O estudante Gabriel Ozaki, de 18 anos, opinaba a través de Orkut (a rede social máis popular en Brasil) que unha universidade "debería promover a convivencia entre persoas e non tolerar as actitudes como as dos que humillaron a esa chavala”.


E engade: “Eu aplaudiría e alentaría que as miñas compañeiras levaran un vestido curto”.




A mediados da década do sesenta, a deseñadora británica Mary Quant tivo unha brillante ocorrencia baseada nos automóbiles Mini: a minisaia.


Esta prenda, que xeralmente ten un longo que vai por riba do xeonllo, pode ser considerada como un dos símbolos da revolución sexual feminina; en especial, logo de popularizarse na revista Vogue.


O modisto francés André Courrègues tamén quixo acreditarse a concepción da minisaia e pelexou por facelo, pero a inglesa foi quen logrou acaparar o creto da invención.


Do mesmo xeito que ocorreu con outras vestimentas, a minisaia popularizouse cando persoalidade da farándula da talla Brigitte Bardot, Nancy Sinatra e Audrey Hepburn comezaron a empregala.


Desde aquel intre, case non existen desfiles de moda que non mostren dentro das súas coleccións unha minisaia, con algún deseño, tea ou accesorio novo.


Este feito é significativo, debido a que, xeralmente, as modas e tendencias múdanse, pero a minisaia mantense firme na consideración das consumidoras cando se aveciña a tempada estival.


Isto pode ser impulsado polo significado que a minisaia denota: comodidade, xuventude, sensualidade e frescura.


A importancia que a minisaia logrou na sociedade, levou a que se realizara, en 1973, unha retrospectiva no seu honor e o da súa inventora, por parte do Museo de Londres.


O uso da minisaia non require dun tipo de corpo determinado, anque quen teña pernas belas e esbeltas veranse mais favorecidas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Si é que van dando verghonsa...burka para todas

Ramon dijo...

Eu aposto polo despelote. A min a minisaia paréçeme moi limitada.