As continuas , extresantes é asfixiantes xornadas de traballo no mar , ou en algunhas empresas conserveiras , da construcción ... . O traballo de sol a sol dos traballadores do campo, labregos e gandeiros autónomos.
En pleno século XXI son unha triste realidade nas nosas comarcas. Paradóxicamente contrasta coa filosofía de algunhas empresas multinacionais, de algúns sectores productivos , que dende os seus departamentos de Recursos Humáns enfrentanse co reto de combinar ó traballo e a familia.
O lema “traballar para vivir” é unha frase feita para os que vivimos en ámbalas bandas da Ría Arousán , pois eiquí – na maioría dos casos - ainda "vivimos para traballar".
Para conquerir un soldo, que con dificultades sobrepasan os 600 euros brutos mensuais, hai que traballar máis de dez horas ó día en condicións tercermundistas.
En moitos casos de lúns a sábado , sin dereito ó disfrute de vacacións , nin abono de horas extraordinarias . Non falemos xá das carencias das condicións hixiénicas é seguridade no traballo axeitadas .
Aquí temos medo a cambiar de empresa , incluso a perder o posto de traballo que algúns temos a sorte de disfrutar , mentras en oitras sociedades, máis avanzadas socialmente, algúns traballadores xá prefiren cambiar de empresa non para levar máis diñeiro para o peto senón par poder disfrutar de máis tempo libre.
Hay firmas comerciais que ofertan permisos, sin soldo, ós seus empregados por un mínimo de sete días e un máximo de 45. Claro que o traballador continúa dado de alta na seguridade social é con ese período computado a todos os efectos legais.
Nas nosas comarcas estamos máis preocupados de conquerir un posto de traballo ou de manter o que temos en vez de querer ser donos do noso tempo.
Máis nos preocupa o diñeiro que podemos sacar a fín de més que por exemplo traballar oito meses o ano e descansar os oitros catro para disfrutar do ocio , da familia ...
Os departamentos de Recursos Humáns, de algunhas empresas, preocupanse moito máis de ser flexibles no momento de ofertar días de permiso ós empregados, facilitar ó vehículo da empresa , excedencia por fillos a cargo , xestión do tempo con xornadas reducidas , incluso con departamentos de xestión de estrés , traballos a tempo parcial , etc. Unhas melloras laborais que están lonxe de implantarse en moitas empresas galegas.
4 comentarios:
Bueno... eso de traballar oito meses ó ano e descansar outros catro... xa me dirás en qué país do primeiro mundo sucede !!
Bueno... eso de traballar 8 meses ó ano e descansar outros 4... xa me dirás en qué país do primeiro mundo sucede...
Supoño que pasará nun país da teoría, porque na realidade non creo que se dea tal cousa.
Non é unha mala idea sempre que sexan retribuídos dalgunha maneira, digo eu, non credes asi?
Publicar un comentario