jueves, 11 de marzo de 2010

A CASA DO COCHE -LUIS Ferreirós.








A CASA DO COCHE


Impune asasina de crias de ghata brava que deambulaban ó seu rabo arredor do vello pozo, mentras limpaba o peixe que minutos antes fóralle mercado a Encarnación a Panadeira no seu camiño de reitrada da plaza ó Boiro de Arriba.





Movíase con soltura polo privado do alboio, e entre machadas, bocois de viño, fouces e batume, atopaba o niño onde os ghatiños miañaban e coa mesma procedía a soterralos debaixo da vella figueira mentras a nai bufaba ameazante.







Calquera dos vintedous merdentos que por alí xogabamos faciamos intentos vans de rescate das criaturas, pero non era posible..a vella ,era moita vella.






Amigha da roupa neghra dende o 62, fuxía de panos na cabeza que molestaban para traballar, se tal un pequeño molido para ir á verdura ou cando ía vendimar á Buxiña, pequeneira, pernas atríticas, dedos en noventa grados, escondía os seus enormes ollos detrás dos cús de vaso, moito xenio, poucas risas (tería algunha vez razóns para sorrir?),cando o seu sorriso asomaba pola boquiña, deixaba de chover en Boiro.

Un bo día baixando de Cures picando pedra e facendo a estrada das Cento seis curvas coñeceu no choio ó seu home,montado no seu coche,..e quedaron na vila ata o fin.







Viuva dende ben nova, seis fillos, centos de netos..,muller de ansia ..o seu cabelo branco e rizado erguiase sempre ben cedo para alimentar ós poucos bichos que tiña,can non había, ( os cnas non se comen nen dan de comer) gustábame vela moverse pola horta á procura de verduras, mazás podres, froita pasada, patacas vellas que eran metidas nun enorme cesto i emborcadas nun enorme pote para seren cocidas enriba dun trespiés e despois emborcadas no vasierio para acomerar ó finito do porco que tiña que comer cocido, as verduras para os coellos e alguna para as cada vez máis escasas galiñas que foron pouco a pouco deixando espazo para a leña, a medida que se ían cumplindo anos e o frio era peor de levar.







Na beirarrúa de enfronte,na casa do coche, horas, tardes, meses e días, merendas e tanques de auga arredor do vello pozo, xogos infantís e xuvenís dunha vila nova onde os nenos podían ser nenos sen seren parvos e os maiores podían ser maiores sen seren irresponsables.

Buscábamos a súa carantoña, pero a mayoría das veces non eramos quen de achala, a cambio obsequiabanos un refrán.
”.-Adiós abuela!” .
.”-Adios no te lo digho que es palabara de llorare, adiós se dia alos muertos cuando se van a enterrare!”

E os anos pasaron e as cataratas medraron, os dedos torceron e as pernas fallaron, as cada vez menos frecuentes xuntanzas familiares debaixo da viña deron lugar a vodas , bautizos , comunións e celebracións, razón de diversión, excusas para sair da casa, para ir á misa sen haber novena, para poñerse guapa e cambiar o negro polo gris, para comer fora,beber e ás veces cear.

Un día sinalado parecía estar disfrutando, falaba coa xente, estaba de pé,comía e bebía e incluso sorría, achegueime a ela i eu.. inxenuo de min, pregunteille.

-Que abuela? Estalo a pasar ben?

-E ti, que? Pasarialo ben? As dez da noite e as ghaliñas sen meter?







Saber popular da casa do coche!.

2 comentarios:

Ramon dijo...

Benvido, Luis.

Espero que te encontres xa mellor do teu paso pola coitelas, como se di por aquí por expresión popular, da capaduriña.

Esta historia está escrita por unha persoa con talento natural, digna dos mellores escritores.

Que pareçido teñen parte dos desçendentes actuais da casa do Castaño, espallados xa por aí, coa túa avoa orixinaria desta casa.

Cando leo esto, vénme á mente as vidas das nosas aboas e nais.

Como limpaban o peixe no sitio onde houbese aghua: lavadoiros naturais, reghos, ..., e que tiveran máis próximos a man, porque a aghua da traída nas casas meteuse nos sesenta e moitos.

Triste é o costume atávico e cruel que tiñan de desfaçerse das crías da ghatiña que bufaba para defendelos e salvalos, e vós tamén querendo axudar á nai das crías na súa desesperaçión.

A vendima, en moitas ocasións façíase en viñas baixas, e a artrite e reumatismo que acompañaban xa de moi çedo ás xentes pola vida dura en condiçións difíçiles que tiveron que pasar.

En moitas das tarefas non so relaçionadas co campo, xa daquela partiçipaban tamén mulleres, non só homes. Un exemplo desto era picar pedra na estrada Boiro-Noia. Usando picos, bandarrias, punteiros, ... e levando entre dúas persoas os caixóns de pedra picada e desfeita, convertida en morrillo, que se estendía polo chan para pisar con pisóns e façer asento na pista, daquela aínda sen asfaltar ata primeiros dos anos setenta.

A recollida de froitas e patacas pasadas, tamén podres, para coçer e darllas ao porco.

Verduras para os coellos e ghaliñas.

Os pasos dos anos sobre o corpo, as últimas diversións e a decadençia, sen perder a retranca e o refraneiro popular.

Moi boa historia Luis e maxistralmente contada.

Non abandones o teu talento á hora de aportar o que a túa vontade permita.

Anónimo dijo...

da gusto ler estes artigos cheo de ternura.... grazas Luis