Un suizo pasa 300 días nunha illa deserta cun porco e unha navalla
Xavier Rosset decideu aillarse por este lapso e sobrevivir sen comida e teito
Con tan so un par de coitelos e un porco bebé como compaña, una aventureiro suisse quedouse de xeito voluntario nunha illa deserta do Pacífico durante 300 días.
O lugar elixido polo suizo foi Tofua, unha illa volcánica de 64 quilómetros cadrados de extensión en onde ademais de porcos, so hai cocos, lagos e bosque tropical, segundo publica The Daily Telegraph.
A súa equipaxe estaba composta por unha navalla, un machete e unha videocámara para filmar a súa aventura de 10 meses, da que o seu equipo realizará un documental este ano.
O reto foi reaprender as habilidades naturais de supervivencia que a xente de cidade esqueceu. "Ao primeiro foi moi difícil. Tiven que atopar comida, construírme un teito, aprender a pescar, todo”, relato no rotativo.
Durante os primeiros meses dous meses, Rosset, perdeu case 18 quilos da graxa corporal que estivera almacenando previo ao proxecto, e foi ata que descubreu a forma de atrapar aos porcos bravos da illa cando pudo manter o seu peso estable.
O seu único amigo
Entón atopou ao seu único amigo, o "porquiño bebé ". "Non mo puden comer porque non tiña suficiente carne, así que o levei comigo, e quedouse durante tres meses. Era coma un can e seguíame a todas partes”, sinala.
No seu blog narra a súa aventura
Despois de oito meses na illa logrou adaptarse ás limitacións ás que non estaba acostumado. No seu blog narra paso a paso a súa experiencia na illa. "Pasaba a maior parte do día sen facer nada, ollando ao enorme océano ou ás bolboretas do lugar. Xa tiña suficiente comida, así que se pode dicir que me sentía coma no meu fogar”, confesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario