Nado o día 12 de diciembre de 1863 en Løten, pequena localidade preto da entón Cristiania, hoxe actual Oslo (Noruega).
En 1893, Munch axiña sumouse á onda do movemento Bohemio, unha resposta contra a organización social, con forte oposición á burguesía e ríxida moral imperante.
Cursou estudos de enxeñería ata 1880, ano en que comeza a tomar clases na Escola de Debuxo local.
Deica 1885 viaxa a París, onde concorre a unha importante mostra impresionista que reúne entre outros artistas de renome a Monet, Renoir, Degas, Pisarro e Seurat.
En 1889, becado polo goberno noruego, trasládase a Saint Cloud, nas aforas de París. Aquí o seu estilo terá un crebo, ao tomar contacto coa obra de Wishder, Bocklin, Gaugin e Van Gogh.
En 1892 expón no Círculo de Artistas Berlineses. Dentro dunha sociedade tan conservadora, a revolucionaria obra de Munch causa fortes polémicas, e a mostra é levantada a so unha semana da súa estrea.
Sen embargo, tanta repercusión habería de beneficiar ao artista, que realiza novas exposicións ao longo de todo o territorio alemán.
O seu terceiro período na capital francesa estará marcado pola asimilación definitiva do estilo de artistas como Gauguin e Emile Bernard.
Adopta a simplificación das figuras e a ausencia de modelado, sumado isto a unha deformación continua do motivo, propia de Van Gogh.
Todo isto habería de plasmarse nun ambicioso proxecto intitulada “O friso da vida”, que non chega a concluír, e da cal forma parte “O Berro”.
Munch realizou catro versións deste cadro. A mais famosa atópase na Galería Nacional de Oslo.
Tratáse dunha técnica de óleo, temple e pastel sobre cartón, de 89 cm. de longo e 73,5 cm. de ancho.
A segunda e terceira versión, (83.5 x 66 cm.) son témperas sobre cartón pertencentes ao Museo Munch de Oslo (ámbalas dúas foron obxecto dun comentado roubo, anque logo foron recuperadas).
A cuarta pintura pertence a unha colección privada.
Para comprender a esencia do berro, quizais habería que remontarse á infancia de Munch, marcada por un pai ríxido e a sensación de abandono e desamparo, produto da morte de súa nai vítima da tuberculose,
Dormitorio da enfermidade e a morte
cando contaba so con cinco anos, e nove anos mais tarde a de súa irmán pola mesma enfermidade.
Nena doente (súa irmán)
Sumado a isto, en 1890, súa outra irmán, Laura é internada nun psiquiátrico. O mesmo artista viveu nunha fronteira difusa entre cordura e tolería, agravada polo alcoholismo.
Sobre o seu estado de ánimo ao momento da inspiración comenta: “Paseaba por un sendeiro con dous amigos – o sol púxose- de repente o ceo tinguiuse de vermello sangue, detívenme e apoieime nunha sebe morte de cansazo – sangue e linguas de lume axexaban sobre o azul escuro do fiordo e da cidade – os meus amigos seguiron e eu deixeime estar, tremendo de ansiedade, sentín un berro infinito que atravesaba a natureza.”
Tódalas versións mostran no plano principal unha figura andróxina, representativa dun home da modernidade captado nun instante que expresa tódalas súas angurias e a súa enorme desesperación existencial. Coa cidade de Oslo como imaxe de fondo, vista desde o monte de Ekeberg.
A primeira versión, intitulada “A Desesperación”, retrata a un home levando un sombreiro de copa a un lado da súa cabeza, e abaixándose sobre unha prohibición.
Ao parecer o artista non sinteu que a obra realmente representaba as escuras sensacións polas que atravesaba, polo que realiza unha segunda versión tamén chamada “A Desesperación”, unha figura menos humana, enfrontada ao espectador e xa non nun estado contemplativo senón manifestamente desesperado.
Crese que pudo terse inspiriaado nunha momia peruana vista por Munch en 1889, na Exposición Universal de París.
A obra foi presentada ao público en 1893, como parte dunha serie de seis cadros, nos que o artista pretende mostrar as etapas do romance, desde o morno namoramento á ruptura definitiva, “O Berro”, versión final, mostra as angurias e dores desta derradeira fase. En 1895 Munch realizou unha litografía para imprimir a obra en revistas e periódicos.
En 1961 a obra popularízase ao ser utilizada como portada na revista Times para o seu número sobre trastornos de ansiedade e complexos de culpa.
O excéntrico artista Andy Warhol estampa en seda unha serie de obras de Munch, entre as cales está “O Berro”.
O cadro toma estado de icona cultural, sendo reproducido en remeiras, posters, chaveiros, cuncas, etc.
O paradoxo, unha obra incribelmente emocional e expresiva, que propón unha instrospección do home moderno, o seu baleiro, loitas internas e existencialismo, é transformado en algo masivo e produto do merchandising, algo quizais típico dunha sociedade que non se cuestiona demasiado a si mesma, so consome.
No hay comentarios:
Publicar un comentario