domingo, 28 de marzo de 2010

CAMPERO BUSCA ALGUÉN QUE O QUEIRA




Campero leva meses nunha residencia, igual que o seu amo


Campero pasou toda a súa vida en compaña dun ancián de máis de oitenta anos. Pero o seu dono por empeoramento da súa saúde tivo que ingresar nunha residencia e Campero leva desde enton nunha residencia canina.


Leva xa alí desde hai moitos meses e en todo este tempo ninguén se interesou en adoptalo. A situación non é sostible por máis tempo. Necesita un fogar.


O seu anterior dono non deixa de chamar cada pouco preguntando por el. Di que non quere morrer sen saber que o seu can está nunha boa familia.


Está acostumado a estar con nenos, é un can moi doce e estao pasando mal.


Ten catro anos, é pequeno, está esterilizado e ten tódalas vacunas ao día. Está en Valladolid pero envíase a toda España.


Contacto: piti777@hotmail.com 661229050



No hay comentarios: