Val
enmarcado entre suaves montañas, como peitos de muller en pel
arbolada.
Corre a húmida brisa de soar pasaxeiro, croan os corvos, cantan os ghalos, ladran os cans sobre o val e a serra.
Bosques sombríos, camiños sinuosos, voçes e rechouchíos, coloridos campos de flores fermosas.
Seres fuxidíos por montes en penumbra da serra elevada, asexa o lobo, corre o xabalí, fuxe o raposo, escóndese o paspallás, …
Oculto dormes no soño da misteriosa e envolvente brétema, amigha divisoria entre o çeo e a terra.
Testemuña de tempos pasados, imprenta de vida das xentes, acolledor de correntías pola túa serra caídas.
Transparente e fresco serpentea o río cara ao mar, recollendo amighos no seu andar con refrexos de prata.
Miro ao horiçonte, canle aberta na visión clara dun fondo brilante e salghado.
Alturas e vaghoadas, perspectivas ocultas de xentes e lughares, çeos claros e cambiantes en cores mesturadas.
Lonxana e imaxinada fronteira de nostálxica memoria, emerxes no cantar do carro, co moer do muíño, ao paçer do ghando, ...
Son os teus recordos signos de vida presente nos verdes campos, onde botan as fontes, lavan as xentes, floreçen as plantas, …
Ecos de atardeçer surcan o aire entre risas de nenos, correndo libres por prados e arboredas.
Doçe paxaro dun instante soñado e perdido nas alas do vento, melancólico mirar en desexo imposible das xentes ocupadas e curiosas.
Brilan as estrelas na noite iluminada en par do reluçente altar da Vía Láctea, ghuía e sendeiro dunha verdade feita esperança.
Val mollado da triste choiva, revives aleghre e inquieto co alumear do sol, ora amañeçes xiado e silençiado polo frío.
Coidadas hortiñas da froita madura, abrigho e comida dos paxariños, recuncho de aventuras na túa procura.
Tesouro do val que vas na dança das árbores, co canto do cuco, sobor os outeiros prateados, tralo piar nos niños, …
Berçe da miña alma por sempre renovado en vida infatighable, orixe de aleghrías e pesares, terra dos nosos anterghos e dos seres queridos.
Sobre ti pasan os días e os anos, viven as criaturas e as xentes, e perpetuo permaneçes a través do tempo.
2 comentarios:
A foto parece sacada desde unha ladeira do Iroite.
É verdade que a niebla parece dividir o mundo terrestre do celestial, e ahí estamos nós como na foto nesa liña divisoria.
Fermoso, deixame sen palabras.
Escribe máis Ramón, pero con estas verbas que che saen da túa alma e verás como acadas un éxito total que de seguro ós lectores lles vai gustar, non te desanimes nunca que algún día chegará o momento no que se vexan cumplidos os teus soños.
Saludos a tod@s.
Publicar un comentario