miércoles, 24 de marzo de 2010

CANÇIONEIRO POPULAR, DA PICARESCA E TROULA, por Ramón Laíño

O dono mandou a un criado buscar peras á pereira da súa horta. Cando volveu o criado do seu mandado, díxolle o dono:

- Boeno, ¿fósteme ás peras?

- Sí. Pero non trouxen nada.

- ¿E non había peras nincunha?

- Non tiña máis a pereira. Unha era para min e outra para a compañeira.

(Enghadido para aloncar o conto): - ¿E rompestes alghunha ponla?

- Non. Non fixen estragho nincún. Está aí para ver.


O conto cantado:

- Unha pera, dúas peras, non tiña máis a pereira. Unha era para min, outra para a compañeira.


Era unha moça que ía para a misa e levaba posta unha mantilla por riba da cabeça. Un moço encarou / embisteu con ela. Dille el:

- ¿A onde vas?

- Á misa.

- ¡Eh, romenda esa mantilla que a levas rota por baixo e por riba!

- ¿¡Eh!?. ¡Non me dighas eso!.

- Pois logho, mira ese refaixo que o levas roto por riba e por baixo.

- Boeno, quesme enredar para non ir á misa. ¡Vai reçar!


Cantar deste conto:

- Mira Maruxiña, mira como veño, cunha borracheira de viño que xa non me teño.

- Mira Maruxiña, romenda a mantilla que a traes rota por baixo e por riba.

- Mira Maruxiña, romenda o refaixo que o traes roto por riba e por baixo.





Miña nai mandoume á herba, vai no carallo o fouçiño. Non me mandou miña nai furala pipa de viño.



Era unha muller casada e tiña amistade co cura e este viña xunta dela. Un día o home non estaba na casa. Vai a muller e preparou unha tortilla de ovos. E nesto aí sinte ela ao home cheghar. A muller toda apresurada mete a tortilla de ovos aínda media coçida na tixola debaixo da artesa. O cura tamén se aghachou dentro da artesa. O home entrou. O ghato empeça a comer a tortilla. Di ela en vos alta: - Ai mundo, mundo, lévalas todas. (bis)


O home: - ¿Eh, a que ven eso?

Ela: ¿Eh, non sabes que morreu a nosa comadre?

El: Pois se morreu tamén morreremos nós.

Ela: Teremos que ir ó enterro.

El: Irás ti, porque eu teño que ir muxila vaca e façelas labores. Eu vou máis tarde.


El marchou e o cura sen deçir nada ou case sen despedirse fuxeu a fume de caroço. A muller polo visto tivo que lavalo fondo da artesa porque o cura caghara por sí.




Conto do pai do señor Enrique do Vioxo:

Dixéronlle a el: - Este can dá (custa) çinco pesos.

Entón el di para sí: -¿De quen sería o can?

E andaba detrás do can haber se lle caghaba os çinco pesos.




Vámonos de aquí. Iremos.

Vámonos de aquí. Iremos.

Que no digan estos señores que otro oficio no tenemos.



Xa escampará se non chove. Le dices a mi morena que no me aguarde esta noche.



Vámonos que o que tarde vai, tarde ben.

Pero as feitas son as que valen.



Hei carballeira, ti na cama e eu na eira.



Luns e martes é festa en tódalas partes. Mércores e jueves traballan as mulleres. Venres françés, sábado inclés e dominco festa outra ves.



Era un sapateiro e outro home que estaban xuntos e empeçou poñéndose a tono o sapateiro botando este cantar:

Para sapateiros, Noia. Para pérteghos, carballos. Para cautivalas nenas bonitas a cabeçalla do carro.

E sae outro diçindo:

- Para sapateiros, Noia. Para pérteghos, carballos. Para cautivalas nenas bonitas a cabeça do carallo.



Boteiche un polvo na saia, túa nai non cho mirou. Aghora vaste queixar á cona que che botou.



As moçiñas de Noia son pequenas e redondiñas, marcha o raposo atrás delas coma se foran ghaliñas.



O cura de Leiro foi ós mexillóns, caeu entre as (antras) pedras, caeu entre as (antras) pedras, rompeu os calçóns.

Ai eso sí, ai eso sí, e se os rompeu déixaos romper, o cura de Leiro calçóns ha de ter.

Ai eso sí, ai eso non. Para ti curiña, calçóns ha de haber.



Para boas moças Cures, Loxos e Pomar de Río. Para ... a Ghuiende, brux... a Belles de Riba.



¿De onde es? – Sonche da parroquia da vía da cona, lughar de mallo, e enriba dos collóns pousa o carallo.


(Outra versión): ¿En que lughar estamos? – Estamos no lughar de mallo, parroquia da vía da cona e enriba dos collóns pousa o carallo.



(En Camariñas hai unha aldea que lle chaman o Inferno, tamén na Lomba). Eran dous homes e deçían un ao outro:

¡Eh, cantan os ghalos ó día!

¡Oh, tamén cantan as nenas no inferno de Camariñas!


Cantar: - Cantan os ghalos ó día, cantan os ghalos ó día. Tamén cantan no Inferno as nenas de Camariñas.


(Outra versión):

Cantan os ghalos en Baio, cantan as ghaliñas en Baíñas. (bis)

Tamén cantan no Inferno as nenas de Camariñas. (bis)


Pasei por Camariñas, por Camariñas pasei cantando. As nenas de Camariñas quedan no río, quedan lavando.


(Outra versión): Pasei polo Inferniño, polo Inferniño pasei cantando. As nenas do Inferniño quedan no mundo, quedan penando.


(Outra versión): Pasei por Vilariño, por Vilariño pasei cantando. As nenas de Vilariño quedan no río, quedan lavando.



Miña nai e maila túa viñan xuntas da romería, unha viña borracha e outra xa non se tiña.


(Outra variante): Miña nai e maila túa viñan xuntas da romería, a miña viña borracha e a túa xa non se tiña.


(Outra versión): Eran de Ghuiende e viñan de San Benito:

- Túa nai e maila miña veñen dunha romería. Se a miña viña borracha, a túa xa non se tiña.



Chamásteme conecheira, heiche de mandar prender.

¿En cantas feiras me vistes coas conachas a vender?



Unha vella e máis un vello mexaron nunha caçola / caçerola.

Ela como era moi pilla, ela como era moi pilla, tocoulle a pirola.

Ai lalelo, ai lalalo.




Díxolle un home á muller (dito e cantar):

- ¡Ai, tápame, tápame, tápame que teño frío.

- ¿Cómo queres que che tape se non vai tanto reçío?



CONTO DOS APRENDIÇES DE LADRÓNS:

Eran dous chavales que empeçaban ir roubar. Probaran nunhas cantas casas e saíron ben.

Empeçaron ao pouco e foron a unha casa máis forte e temían. Deçía un:

- ¡Boeno. Vai ti!

E o outro:

- - ¡Non. Vai ti. Vai ti, oh!


De aquí ven o cantar:

- Arriba no hay que temer. Si nos cogen y nos llevan a la cárcel, nos tienen que mantener.


Fixéronse ricos e aínda eran chavales sen ir ó serviço. Cando foron ó serviço, tamén alí empeçaron a roubar. Fixéronse ademáis con pistolas, ametralladoras e pasaron a máis e máis, con coche en por eles. Xa tiñan carta blanca en tódolos sitios. Iban en avión ida e volta. Fixéronse millonarios. Disque eran de Ferrol.



Aunque me muera mañana, pena no llevo ninguna,

porque de este mundo llevo muy bien corrida la tuna,

muy bien corrida la tuna, pena no llevo ninguna.



Como chove miudiño, come se espeta no chan.

Como baila dereitiño a muller de meu irmán.



Como chove miudiño, como se espeta no chan,

como chove miudiño, no cabe por los canales,

ábreme la puerta niña

que soy aquel que tu sabes,

que soy aquel que tu sabes,

no cabe por los canales.



Ai Sara, Ai Sara, Ai Sara, túa nai chora.

Ai Sara, Ai Sara, Ai Sara, vas de ramboia.

Dame o lume Sara polo vertedeiro.

Dame o lume Sara, dame o lume Sara que eu son o ferreiro.

Se é-lo ferreiro, sube para riba, comeralo caldo, comeralo caldo nunha vasenilla.



Que ben baila, que ben baila a da chaqueta redonda.

Que ben baila, que ben baila, esa si que é bailadora.

Esa si que é bailadora, esa si que é bailadora,

que ben baila, que ben baila a da chaqueta redonda.



No la llames que no viene, (bis)

que está tomando la sombra

debajo de los laureles.

No la llames que no viene.



Asubía que vai vento. (bis)

Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.




Teño lanchas, teño redes,

teño sardiñas no mar,

teño unha nena bonita,

xa non quero traballar.




María miña María, miña revolteadora.

Botástela cama fóra, onde has de durmir aghora. Botástela cama fóra, onde has de durmir aghora.




Eu a Noia non vou máis, eu a Noia non vou máis que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais, que salían a Cabrais, eu a Noia non vou máis.



Miña pequerrechechiña, miña pequerrechechiña que traíalo donairo cando eras pequeniña, cando eras pequeniña, cando eras pequeniña.

Ai lelelo, ai lelelo.



Ramonçiño cando marches, déixame unha prenda túa.

Déixame a túa navalla para seghala verdura. Déixame a túa navalla para seghala verdura.



Aínda che hei de botar unha, aínda che hei de botar outra.

Aínda che hei de botar unha que che hei de queimala roupa, aínda che hei de botar unha que che hei de queimala roupa.



Nós daquí e vós daí somos tantos coma vós.

Nós comémolo carneiro, os cornos son para vós. Nós comémolo carneiro, os cornos son para vós.



O carallo vintenove vai na feira das mulleres,

se o vedes por alá metédeo antras mulleres.



Unha miniña choraba arrimada a un palleiro,

tiña a ghaitiña na man e faltáballe o ghatieiro / o pandeiro.



Para sapateiros Noia, para pérteghos carballos,

para cautivalas nenas a cabeçalla do carro.

E sae un: - Para cautivalas nenas a cabeça do carallo.



Esta noche va de tuna, la que viene de parranda.

Esta noche va de tuna, la que viene de parranda

Para la otra que viene dormiré contigo en cama.



Esta noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.

Esta noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.

Para la otra que viene dormiré contigo en cama.



Esta noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.

Esta noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.

La culpa la tuvo el vino y el aguardiente de caña.



Borrachiño sen beber, borrachiño sen beber.

Cuartillo e medio de caña aínda non me fai caer.



Tío Juan, tío Juan,

Juani, Juani, Juani, Juan.

Ai lelelelelelo.

Tío Juan, tío Juan.


¿O borracho como é? Cantar falado:

Borrachiño sen beber, cuartillo e medio de caña, aínda non me fai caer.



Le dice el sol a la luna: Retírate bandolero, la mujer que anda de noche no anda por cosa buena.



Estaba un vello sentado nun tallo, veu o ghato e levoulle o minghallo, e iba o vello nun souto a outro: - Dame o minghallo que non teño outro.



Un home con tres mulleres.

Teño unha muller preñada,

outra téñoa parida,

outra téñoa preñada coas pernas para riba.



Aquí nenas, aquí nenas,

arredor do meu sombreiro,

heivos de casar a todas,

en tendo moito diñeiro.


Aghora que vén o tempo de andar polas çereixeiras, cando andan as casadas, que tal farán as solteiras.



¿Onde están os riles, Çelsa?

Están no plato, no alçadeiro.

¡Non me dighas eso, Çelsa!

Están no plato, no cu do ghato.

¡Non me dighas eso, Çelsa, porque che mato, porque che mato!

(Alçadeiro: estante para pólos platos xa que non había laçenas)



Este ano hai moito liño, tamén hai moitas arestas.

As moçiñas de Beluso cheiran a mexo que apestan.



Hoxe aquí non hai çirolas porque polo que vou mirando, bailan as mulleres solas.



Era Xan e mais Ramona:

- Abril, abrilete e o mes que se mete. ¿Non son tres meses, Xan?

- E maio, maiolo, o mes que vai solo, e o mes do pirolo. ¿Son seis, Xan?

- E o mes que naçeu o rapas, ¿non son nove, Xan?

Si, muller, son.



Eu aquí non veño a nada, como son foliadeira veño vela foliada.


Cucurrucú, cucurrucú, as nenas da Armada quentaron o cú. (A Armada é unha aldea da parroquia de Bealo, conçello de Boiro)


O vello de vello, niñes. ¿Como fai a vella cando é moi ben vella?

A vella e maila ghaviota canto máis vella, máis loca.



Muiñeira da ribeira, muiñeira ribeirana.

Muiñeira da ribeira, tócoche de mala ghana. Ai lelelo, ai lelala.



Xoseíño bo rapas que visteu o pantalón co dediante para atrás.



Vámonos daí que é día, vámonos daí que é día, que xa corren as estrelas por riba da Travesía.



Vámonos daquí que é hora, vámonos daquí que é hora, que xa corren as estrelas por riba da Feira Nova.



Unha vella que comeu sete cuncas de papas e recuncou, e explotou coma un foghuete no aire.

Cantar. Unha vella comeu, comeu e mais recuncou e despois fixo coma un foghuete no aire pum e explotou / reventou.



Polainas, miñas polainas, non me vou daquí sen elas, que me preghuntan as nenas tódalas noites por elas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Isto é moito. É que me escarallo a risa, Ramon.

Sigue publicando, por favor.