sábado, 13 de marzo de 2010

AS MULLERES PANTERAS, por Canal Woman



Quen son as mulleres panteras



Estamos acostumadas a ver como os homes buscan sempre a mulleres máis xoves para relacionarse, mentres que a maioría ve con malos ollos cando nunha relación ela é a maior. Por sorte iso cambiou.


Todo llelo debemos ás denominadas mulleres “Cougar” ou “Pantera,” un termo acuñado nos Estados Unidos e que se refire a aquelas que xa pasaron dos corenta anos e buscan parellas de menor idade.


As famosas non se quedaron fora da tendencia. Por exemplo a actriz Demi Moore, cuxo marido ten 16 anos menos, logra levar unha relación de éxito por xa varios anos, demostrando que a brecha de idade pouco inflúe no amor ou paixón.


Agora son cada ves máis as mulleres que se atreven a romper co tabú social buscando nos homes xoves ou que non encontran nos de mediana idade; vitalidade, optimismo sobre a vida, atractivo físico e intelectual, etc…, algo que non consideraban aos vinte.


Moitas das denominadas “panteras,” veñen saíndo dun fracaso matrimonial ou de parella e séntense coa liberdade de buscar nun compañeiro que lles permita volver disfrutar a súa vida, sobor de todo no momento onde as preocupacións económicas ou do que dirán quedaron fóra.


Xa saben, para o amor non existe diferenza de idade e nós temos o mesmo dereito que os homes a construír unha vida con quen queiramos, disfrutando dun segundo aire de paixón e sensualidade mentres aproveitamos unha etapa chea de sorpresas e novas liberdades.

No hay comentarios: