jueves, 14 de enero de 2010

2001: UNHA ODISEA ESPACIAL



Esta é unha das novelas máis populares de ciencia ficción, e, ao tempo, unha das mellores e máis afamadas películas deste xénero, dirixida por Stanley Kubrick, o mesmo director de "Sendeiros de gloria", "Espartaco", "Lolita", "A laranxa mecánica", "A chaqueta metálica" e "Eyes wide shut", entre outras.


A novela foi escrita por Arthur Clarke en 1968, simultáneamente á elaboración do guión da película. Ambas están baseadas nun relato curto anterior do propio Clarke: "O Centinela".


A novela comeza en África hai dous millóns de anos donde os homínidos loitan por unha difícil superviviencia. Entón aparece un monolito (transparente na novela, negro na película) que parece inducir cambios no comportamento e, mesmo, na intelixencia dun grupo de homínidos.


A segunda parte narra o descubrimento dun segundo monolito (negro esta vez tanto na novela como na película) enterrado na lúa. Esta parte sitúase no futuro respecto a data de publicación da novela, pois sucede en 1999.





Nunha terceira parte, situada en 2001, unha nave é enviada a Saturno (Xúpiter na película) donde parece suceder algo extrano. A bordo da nave viaxa a tripulación e o extraordinario supercomputador HAL 9000. É o computador máis atormentado da historia da literatura de ciencia ficción. Ás súas contradiccións internas desatan a crise central da novela.


A película ten unha parte final moi "psicodélica" propia da época (finais dos anos sesenta) que, afortunadamente, non é así na novela.


A obra invita a reflexionar sobre a intelixencia humana e a intelixencia artificial, a orixe da superioridade da especie humana, o futuro da especie, a existencia dun ser ou ente superior (ou varios), o uso que a humanidade deulle á intelixencia,...


Como xa teño comentado, o estilo de Clarke é, por así dicir, tranquilo, as cousas suceden a modo. Aínda así, o lector queda atrapado pola historia e polas reflexións que producen. Por outra banda, o aspecto científico é moi cuidado. Lembrade que Clarke posuía unha sólida formación. Afortunadamente Kubrick decidíu respetar esto. A película é unha ilustración impagable dos tres principios da dinámica, xa sabedes: se non me tocan quédome como estou; se me tocan acelérome; quen o fai o paga.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Marchastedes tod@s para o espacio exterior ou que é o é que vos absorveu un alienixena? Seguriño que estades en Marte de vacacións e por iso esto está tan solitario pois por alí non debe chegar a cobertura de interne.

lo que el viento se llevó dijo...

non podo crer que ninguén comente nada do vento desta noite

la ventana indiscreta dijo...

¿Sabedes porque o ordenador se chamaba HAL ??

É moi fácil o ordenador era un IBM, e ó principio iase chamar así, pero como tolea e volvese malo IBM non deixou poñerlle o nome na peli, polo tanto restaron unha letra no alfabeto de I=H B=a M=L, e así quedou HAl

Mary Hermo dijo...

Na miña casa burato no tellado polas planchas metálicas que lle voaron á fábrica de Pepito Places, e tivemos sorte por que se cadra a facer bolsa de aire íanos toda a casa polo aire pois aínda é de madeira (que non ten placas de cemento), que parcheamos como puidemos para que non nos chovese, o problema é que hai que levantar medio tellado para poñer esa tella pois só é de uralita, a verdade é que cando sentimos o golpe semellaba que se nos caía a casa enriba, foi moitiño o medo que pasamos pois sacudianse as portas e as ventanas que se nos descoidamos e non lle poñemos nada voarian polo aire e nós con elas.
En Cabo de Cruz, no Campo houbo moitisimos destrozos por esas planchas metálicas, pero en xeral en todo Cabo de Cruz houbo moitas desfeitas, tellados enteiros, arbores caídas, o pavillón de Valiño, etc. Eva a de Mundiboy tamén viu afectados os seus bens e coma ela moitos dos nosos amigos do Instituto.

Saúdos a tod@s.

PD. ESPERO QUE SE VOLVEN VIR VENTOS DESTAS CARACTERISTICAS POÑAN A ALERTA VERMELLA E QUE NON NOS VOLVAN FACER MAL.

Anónimo dijo...

Fai vinte e tantos anos candoconocin a miña media laranxa, el xa vira trece veces esta peli e lera o libro. eu fun con el o cine nmoi animada, pero cando sain dixen de non volver mais. Non teño esa capacidade de abstracción necesaria para entendela cienciaficcion.