miércoles, 3 de febrero de 2010

AS ORIXES DO BAÑO

Ao longo da historia o ritual do baño significou moito mais que uns poucos minutos dedicados ao aseo persoal.



Para civilizacións antigas, como Exipto, Grecia e Roma, o baño adquiría connotacións relixiosas que se conectaban co pracer e a ostentación da riqueza (grandes pazos, ouro e marfiles), lexións de escravos e tamén coa utilización de aceites e esencias aromáticas.



A orixe deste hábito non so estaba ligado á relixión senón tamén á medicina.



Os baños exipcios, por exemplo, facíanse con auga e aceites ou ungüentos perfumados, que so os sacerdotes sabían preparar.




Críase que as recetas e os ingredientes eran saberes transmitidos polo deus Thot, ao igual que a química e a escritura. Estes aceites sagrados humectaban e protexían a pel sometida á sequedade e o calor dun clima rigoroso.




As clases sociais mais adiñeiradas tiñan escravos dedicados exclusivamente a bañar aos seus señores.



En Exipto, as rapazas xóvenes esperaba no seu baño axeonlladas nunha esteira de xuncos, mentres as esclavas vertían sobre as súas cabezas, auga perfumada con mirra, azafrán ou canela.




Outra escrava cubría os seus corpos con ungüentos e aceites, e logo acercáballes ramiños de flores, para que o delicioso perfume completara os efectos revitalizadores do baño. A cerimonia concluía cun desfile de adornos florais, como símbolo de frescura e beleza.




Pese ás diferenzas de clase, ningún exipcio privábase do seu baño diario. Os menos adiñeirados, humectaban a súa pel con aceite de ricino, mesturado con menta e ourego.



Os hebreos, ao igual que os exipcios descoñecían o xabón. Por iso, no seu lugar usaban un barro xabonoso con alto contido de potasio.




O problema era que esta sustancia irritaba moito a pel; co cal preferían tamén os aceites e ungüentos compostos con aloe, canela, nardo, azafrán ou mirra.




A costume dese momento era gardarlos en caixiñas de alabastro ou marfil, as calern eran nomeadas poéticamente como “A casiña da alma”.





Os Baños en Grecia.




Moitos gregos odiaban os baños, pois críanos símbolo de debilidadae e consideraban que este tipo de hábito disimulaba o cheiro forte do atleta.




Sen embargo, non tódolos gregos compartían esta opinión. Os máis ricos tiñan nas súas casas recipientes cincelados, cheos de auga para bañarse.




Ademais, en tódolos cruces de camiños había unha pila de mármore con auga para que os máis humildes tamén puderan bañarse.


O baño tamén confería prestixio. Todo banquete grego que se preciara de ser luxoso, incluía unha sesión de baño para os invitados.




No salón destinado para dito fin lavábanos e untábanos con aceites de nardo, rosas, améndoas e azafrán. Nas mesas, colocábanse xerras de ouro e alabastro cheas de auga aromatizada coa que os escravos perfumaban logo aos comensais.




Os máis excéntricos soltaban pombas empapadas con perfumes, que salpicaban aos invitados desde as alturas.




Baño á Romana.




Pese a tódalas ocorrencias antes citadas, en luxo e excentricidades ninguén lles gana aos romanos. Nerón foi famoso polas súas extravagancias.




As paredes do seu pazo estaban provistas de láminas de marfil que despedían flores e esencias sobre os asistentes mais desprevenidos.


Os romanos acudían tamén a impoñentes baños públicos. Eran verdadeiros pazos onde podían bañarse ata 2.500 persoas.




Os bañistas que ingresaban a estes "templos do aseo" confiaban as súas túnicas ao gardarroupas ou capsaril. Logo pasaban ao "frigidarium", onde se bañaban con auga fría, e despois ao "tepidarium" de auga morna.




Logo esperábaos o "caldarium'', unha especie de sauna que provocaba abundante transpiración. Máis tarde, uns servidores, os "strigile" dedicábanse a limpar aos concorrentes a suor e depilalos.




Acto seguido, os "tractatores" ou masaxistas distendían os músculos dos seus clientes para logo dar paso aos "unctores", que os untaban con aceites perfumados.




Finalmente, o romano cubríase co seu manto ben quente e frotábase a fronte cun pano de liño, para quitar os excedentes destas sustancias.


Era moi común utilizar o "susinun", un ungüento preparado a base de cañas aromáticas, mel, canela, azafrán e mirra.



Outro costume romana moi popular era lavarse o corpo con terras graxas aromáticas. Esta especie de xavón romano, sen embargo tiña unha finalidade moi específica: estaba feito a base de sebo de cabra e cinsas de haia, e usábase so para tinguirse os cabelos de louro.


Como vemos, a estética e o aseo persoal tivo unha grande importancia nos usos e costumes de diversas sociedades e en distintas épocas.


Un dos inventos mais transcendentes en materia de saúde pública foi, sen dúbida, facer do baño unha práctica diaria.



Entre os seus maiores defensores estivo o príncipe rexente inglés, mais tarde Rei, Xurxo IV, quen instalou un cuarto de baño nas suas estancias de Brighton.


A bañeira, exclusiva para os homes, enchíase cunha mestura de auga quente e leite con sementes de liño (liñasa) para suavizar a pel.



Co achegada ao trono da raíña Victoria, o baño deixou de ser un privilexio masculino e as tinas de auga estendéronse máis alá das cortes europeas.


Finalmente o hábito do baño diario chegou incluso ás casas mais humildes, pero aínda conservaba o estigma patriarcal de que na tina –que so se enchía unha vez pois a auga era un recurso escaso e caro- e primeiro metíanse os homes, logo as mulleres e finalmente os nenos e anciáns.



Afortunadamente eses hábitos cambiaron, como tamén se eliminaron os prexuízos que outrora existían fronte ás cremas para a pel e outros recursos cosméticos.


Uns douscentos anos atrás so se calificaba de respetabale un toque de auga de colonia e a cute protexíase con velos verdes (dicían que a cor branca atraía os raios do sol) e sombreiros de alas anchas.



Hoxe existen locións e tónicos para as distintas partes do corpo, cremas hidratantes, exfoliantes, antiarrugas e protectores solares e a auga corre polas tuberías cristalina e fresca.

Consellos para un baño saudable




1- O baño en ducha é máis saudable que o baño en tina, particularmente para as mulleres e nenas nas que a a anatomía da vaxina e a uretra as fai mais propensas a infestarse con fungos e bacterias que viven na auga. Ademais, coa ducha afórrase auga.




2- Non apliques xavón directamente sobre a pel, pode resecala; é preferible usar unha esponxa ou hisopo que ademais axudará a remover as celulas mortas.




3- É importante coidar a temperatura da auga; é preferible fría que moi quente pois esta última afecta a pel e os folículos pilosos.




4-
Cando te bañes, intenta facelo sen presa, deixando que a auga dilúa ou arrastre as preocupación e tensións do día.

No hay comentarios: