sábado, 13 de febrero de 2010

IR DE PUNTA EN BRANCO

Esta expresión, que na actualidade soemos utilizar para eloxiar a elegancia e pulcritude da vestimenta dalgunha persoa, ten a súa orixe nos antigos usos da cabalería.



Nese tempo, en cambio, o dito aplicábase aos cabaleiros que acostumaban levar tódalas armas do arnés espidas e listas para o combate e como estas eran de aceiro alisado, brillaban ao sol cunha brancura resplandecente, é dicir, os cabaleiros ían de punta en branco.

Esta expresión é a mesma que da orixe á frase armas brancas, aludindo a que son cortantes, en contraposición coas chamadas armas negras, que eran as que se utilizaban na práctica da esgrima e que non eran cortantes nin punzantes; así mesmo, eran tamén chamadas armas negras as que permanecían envainadas.


Por analoxía, co decorrer do tempo, o modismo ir de punta en branco ve a aplicarse tamén ao acto de vestir suntuosamente -xa sexa de uniforme ou etiqueta- e co máximo esmero, tal como o fan na actualidade moitas persoas.




No hay comentarios: