Medo aos espazos pechados.
Definición ampliada:
Defínese como un persistente, anormal e inxustificado medo a permanecer nun espazo pechado.
Esta fobia pode ser consecuencia dunha mala experiencia (como por exemplo, terse quedado encerrado nun espazo pechado) ou tamén indirectamente (por escoitar relatos de persoas ás que lles sucedese algo parecido). (Rachman, 1997).
As persoas que padecen deste medo aos espazos pechados (estímase que entre un 2 e un 5% da poboación) soen evitar en consecuencia os ascensores, o metro, os túneles, as habitacións pequenas, ata as portas xiratorias pódenlles presentar dificultades, así como tamén o uso de equipos para técnicas de diagnóstico médico como o TAC.
Non temen ó espazo pechado en sí mesmo, senón ás posibles consecuencias negativas por atoparse neste lugar. Por exemplo, temen quedarse encerrados para sempre ou morrer asfixiados, (Rachman 1997), debido a que cren que non hai suficiente aire en espazos pechados.
Así mesmo, moitos espazos pequenos e pechados implican pouca liberdade de movementos, o que fai que as persoas claustrofóbicas se sintan moi vulnerables.
Ao anticipar que van entrar, ou ao ingresar a un espazo pechado, os que sofren esta fobia experimentan unha ansiedade intensa e síntomas tales como falta de aire, mareo, palpitacións, etc. Os fóbicos tenden a evitar os espazos pechados, aos cales describen coa sensación de estar atrapados sen unha saída.
Pódese recoñecer que unha persoa sofre de claustrofobia se presenta algunhas das seguintes condutas: ao entrar a un cuarto, chequea onde están as saídas, sitúase perto delas e síntese incómodo se as portas ou as xanelas están pechadas; evita conducir ou entrar nun automóbil durante a hora pico de tráfico; evita usar o ascensor e escolle as escaleiras, anque sexan moitos pisos; nunha festa chea de xente, elixe situarse perto das saídas; sinte pánico se se pecha unha porta na habitación onde está.
A claustrofobia trátase con psicoterapia, técnica de relaxación e visualización, terapia cognitiva do comportamento e nalgúns casos medicamentos, como os antidepresivos ou os ansiolíticos.
Algúns especialistas relacionan a claustrofobia coa agorafobia (medo aos espazos abertos) xa que as consideran dúas caras da mesma moeda. En ambas fobias, os que as padecen recoñecen que os seus temores son irracionais, pero non poden controlalos.
Os síntomas de ansiedade experimentados son semellantes. E en ambos casos, a solución á fobia comenza por enfrontar os propios temores.
Links:
Manual de tratamento contra a claustrofobia:
1 comentario:
Eu teño claustrofobia polos dichosos ascensores pero como non me queda doutra que utilizalos xa me vou acostumando a sudar un pouquiño cando teño que subir nalgún.
Publicar un comentario