Acórdome que cada ves que acababa o verán todos nos xuntabamos na praza do pobo, teño que recoñecer que era un día moi triste.
A derradeira ves que estiven alí foi cando tiña 14 anos, o meu mellor verán e á ves o peor, non poderei esquecer xamais esas vacacións, foi a primeira vez que fixen moitas cousas e tamén sucedéronme outras que aínda agora non son capaz de explicarme que pasou realmente e tamén o lembro por ser a despedida máis triste da miña vida, como podedes imaxinar ese verán houbo unha chavala, a mais maravillosa chica que coñecería en toda a miña vida, pode ser ou eso pensaba no momento de despedirme, pero, todo o bo acaba, segundo din, eu non o sei e vós...
Lembro que cando cheguei ao pobo, todos levaban alí varios días, naquel momento non o entendía, pero xa non estabamos sempre xuntos, refírome a chavalas e chavales, como cando nos viamos anque en realidae fóramos nenos, boeno, no noso caso rapazolos, diría eu. Porque as nenas maduran antes, ou porque non queren xogar aos mesmos xogos, non o sei...
Como dixen, cando cheguei xa estaban todos alí e estaba ela, Luisa, así se chamaba, nunca esquecerei ese nome, nin o seu rostro que sempre lembrarei como esa nena de 14 anos.
Ese verán, foi moi curto para min, todo foi tan axiña que non lembro os acontecementos ben.
Desde o primeiro momento eu dividía as miñas horas con Pedro, Mario e Oscar, é curioso como recordo os nomes de todos aínda sen telos volto av er desde od ía que me fun de alí para non volver, como dicía estaba co neles ou con Luísa, contábamonos toda clase de parvadas e tamén dicíamonos toda clase de tolerías.
Ao quinto día de estar alí, estaba xogando cos rapaces, collendo rans que despois levábamos á casa da meiga, ningún neno a vira nunca, deixábamos as rans na súa porta, unha man as collía e logo deixaba o noso diñeiro alí, o que sacara a palliña máis pequena tiña que ir a polos cartos e logo saíamos correndo de alí.
Ese día eu perdín, puxe nas rans coma sempre, aparteime e aporta abreuse, colleu a bolsa coas ran se pechou aporta, esta volveu a abrirse novamente e a man deixou outra bolsa con cartos, ao pecharse a porta acerqueime, lentamente collín a bolsa, entón escoitei o meu nome, era so un queixume pero comprendín que diçía meu nome, a porta entreabreuse, eu acerquinme e esa mesma man que sempre viamos agarroume do brazo, as moedas caeron polo chan, eu empecei a berrar e vin como os meus amigos saían correndo en en dirección ao pobo, intentei soltarme pero aquela man tiña unha forza incrible e érame imposible fuxir, escoitei outra ves o meu nome, a súa vos era tranquilizadora á ves que cativadora.
A man soltoume inmediatamente e comecei a non sentir medo, senón que estaba tranquilo, sentía que podía empuxar aquela porta entreaberta e descubrir o que realmente había alí dentro, descubrir unha realidade que segundo eu sabía ninguén vira xamais, que inocente era, empuxei a porta e esa mesma voz díxome que me arrimara ao que parecía unha coçiña.
- ola, dixen
- ola, podes pasar, non te quedes na porta...Iván
Asustinme un pouco ao ouvir o meu nome, pero pechei a porta ás miñas costas e entrei ao interior, era unha cousa pequena, dunha soa instancia, cociña, sala, todo se mesturaba dun xeito pouco claro pero á ves moi concordante entre sí.
- como estas, cariño, coñezo á túa familia desde hai moito tempo e agora teño que falar contigo...
- que queres de min?
- Non te preocupes, non vou facerche ningún dano, só, mírame aos ollos...
Saín correndo de alí, o que vin era máis do que podía soportar...
Ao chegar ao pobo todo o mundo estaba buscándome, expliquei o que pasara pero ninguén me cría, decidín non explicar nada máis, pero non esquecerei nunca a cara de complicidade de miña nai, unha cara moi triste, era estraño parecera pero sen embargo miña nai estaba case chorando, anque teño que recoñecer o meu arrepentemento, non llelo preguntei no seu momento e agora xa non podo facelo.
Dous días despois estaba xogando cos rapaces e Luisa veume buscar, despedinme deles, vendo a súa cara amarga, seríaa última ves que vería a súa cara con esa expresión, Luisa e eu fómonos ao río, e ao chegar sentámonos n abeira como facíamos tódolos días, pero había algo distinto.
- Iván, tño algo que dicirche, onte soñei algo moi estrano, morrías.
- Eso non vai pasar, tranquila, porque soñastes eso.
Pero anque sei que soa moi estraño, a miña contestación foi moi tranquila e que conste que é o único e último que lembro con claridade, sei que contestei eso exactamente.
- Porque me dis eso, non me vai pasar nada.
- Pero eu soñeino, foi moi real, non quero que che pase nada.
- Non me vai pasar nada, tranquila...
Debín de diçirlle a el ao que eu sabía ou o que ameiga me dixera, non era capaz, desde que saín daquela casa choraba cando ninguén me vía, choraba cando estaba so porque sei que ninguén me comprendería anque intentara explicarlle o que realmente pasaba ou mellor dito o que segundo parece iba pasar…
Dous días máis tarde, toda a cuadrilla, xuntos por fin, chavales e chavalas, nenos e nenas, pillamos as piraguas que alugaban no río, levábamos merenda, subiríamos o río ata a fervenza e logo baixaríamos coa corrente, soaba ben e eu iría na mesma piragua que Luísa, a cuadrilla anque molesta acostumárase a que quixéramos estar xuntos.
A verdade é que non lembro moito daquel día, sei que paramos a comer na saínte do corvo, era unha pedra que a erosión convertera na figura dun corvo, ao rematar de comer subimos máis o río ata a fervenza, pasou algo estraño, o tempo cambiou sen previo aviso, o ceo escureceuse a unha velocidade que nunca vira e que realmente creo que non volvín ver, comezou a chover intensamente, levantouse un grande vento, sei que baixamos o río como podiamos e que a nosa piragua chocou contra unha rocha, lembro a cara de Luisa chorando e berrando o meu nome e non lembro nada mais, non sei o que pasou despois.
A meiga, colleume da man e con esa voz suave levoume con ela, o sol volvera saír e eu xa non estaba en ningún lugar, so era unha lembranza ou un bo soño, ao menos eso espero. É estraño como poden suceder as cousas, pero nunca esquecerei esa cara de nena, a complicidade de miña nai e as estrelas brillando desde o xardín da parte de atrás da casa de meus avós, tirados na herba, miña nai explicábame o çeo e dicíame que no fondo hoxe estábamos todos e que cando estivera triste mirara arriba, que a lúa e o sol eran o mesmo para todos e que desde alí me coidaban e guiaban....
Agora estou no sol, na lúa e nas estrelas que ti miras desde a túa xanela, para coidarche e abraçarche nos teus soños, non chores que estou ao teu carón...
Dígollo tódolos días …. Estou nos soños e por fin coñezo ao eterno que os crea, acompañareille mentres me deixe ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario