Argumento
Joe Wilson (Spencer Tracy) planea casarse e pon o seu propio negocio xunto a seus irmáns. De paso, nunha pequena cidade, é acusado por unha serie de coincidencias como sospeitoso dun secuestro dunha nena (que non cometeu).
É ingresado en prisión con carácter preventivo. Por boca dun dos axudantes do comisario, iníciase unha serie de rumores cando ao ir a un bar, fala do sucedido esaxerando un pouco. A xente do bar indignada pola natureza do crime convócase na praza fronte á comisaría.
A medida que aumenta a concentración de xente, aumentan proporcionalmente os berros ata lanzamentos de pedras. Finalmente, tras un intento fallido de ingreso, a xente converteuse nunha masa que comeza a berrar e a tolear, descontrolada arrebola lume e incendia a delegación.
A través das reixas da xanela vese ao desgraciado Wilson loitando contra as labaradas, nunha celda na que está pechado, pero anque logra fuxir é dado por morto xa que o incendio derruba o lugar impedindo o rescate do corpo.
Nun segundo bloque comeza o xuízo aos poucos (22 persoas) autores materiais do ataque que se logran identificar a través de ruídos da radio.
Entre mulleres e nenos hai varios tipos e caracteres: de xóvenes a anciáns, de culpables a hipócritas.
Paralelamente, Joe trama xunto a seus irmáns a venganza: permanecer como morto, incluso para a súa noiva, todo sexa para que os que intentaron matalo sufran tanto como sexa posible.
Durante o proceso discórrese sobor das culpas dos acusados en particular, como da masa en xeral. Chegando aos alegatos finais, a noiva de Joe descobre con alegría que o seu noivo está vivo, anque síguelle un pesar ao darse conta dos plans de venganza que o están cegando.
Finalmente, cando se están sentenciando ao grupo de incendiarios, aparece Joe para salvalos da súa condena. Por un lado, porque o discurso da súa noiva provocoulle un remordemento insorportable, e, por outro, como medio de recuperar a súa identidade e a súa prometida.
Premios
A película obtivo un nomeamento ao Oscar polo mellor guión orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario