Contido [ocultar] |
Familia e vida persoal [editar]
Ferdinand foi o fillo de Friedrich Jerôme Wilhelm Karl Graf von Zeppelin, Ministro de Württemberg e Hofmarschall, (1807–1886) e a súa muller Amélie Françoise Pauline (née Macaire d'Hogguer) (1816–1852).
En Berlin en 7 de agosto de 1869 Ferdinand casou con Isabella Freiin von Wolff da casa de Alt-Schwanenburg (Livonia). Tiveron so unha filla, Helena (Hella) von Zeppelin (1879–1967) quen en 1909 casou con Alexander Graf von Brandenstein-Zeppelin (1881–1949).
Dirixibles [editar]
Ferdinand von Zeppelin foi un xeneral de Cabalería que sirveu sucesivamente nos exércitos de Württenberg, Rusia (foi agregado deste país na Guerra de Secesión nortamericana) e o Imperio Alemán.
Sen embargo, a súa primeira aparición e contacto coa navegación aerostática foi no campamento de globos aerostáticos do profesor Thaddeus S. C. Lowe, durante a campaña peninsular da Guerra de Secesión americana (1861-1865).
Aí realizou varias ascensións en globo de observación par ao exército do Norte. Os globos colocábanse fora dos límites civís, e Lowe non era capaz de entreter a curiosidade de Von Zeppelin.
Mandouno a outro campo de globos, en onde o aeronauta alemán John Steiner sería de máis axuda para o xoven Ferdinand.
Na década dos 70 von Zepellin volveu a América para atoparse e aprender máis do Prof. Lowe, chegando a ter todo o coñecemento posible sobre globos aerostáticos.
Desde 1880 en diante, Zeppelin preocupouse da idea de crear globos dirixibles. En 1899 comezou a construción do seu primeiro dirixible ríxido (baseado nun deseño anterior de David Schwarz), que utilizou en tres ascensions sobre o Lago de Constanza.
Voo do primeiro Zeppelin no Lago Constanza o 2 de xullo de 1900.
Rematou o seu primeiro dirixible en 1900. Era de estrutura ríxida e sirveu de prototipo para moitos modelos posteriores.
O primeiro zeppelin estaba formado por unha fila de 17 cámaras de gas recubertas de tea encauchada e o conxunto iba pechado nunha estrutura cilíndrica cuberta por unha tea de algodón de superficie uniforme.
Tiña
Os pasaxeiros, a tripulación e o motor ían en dúas góndolas de aluminio suspendidas diante e detrás.
Na primeira proba, o 2 de xullo de 1900, o dirixible transportou a cinco persoas, alcanzou unha altura de
En 1906 realizou unha viaxe de 24 horas por terras suízas, que empezou a esperta ro entusiasmo tanto do público como do goberno alemán.
Os voos cada vez tiñan máis éxito, e provocaban a euforia do público, o cal permitía ao conde seguir co desenvolvemento do seu veículo.
De feito, a segunda versión do seu dirixible estivo financiada por doazóns e por unha lotería.
O apoio financeiro real no chegou, irónicamente, ata que o Zeppelin LZ4 se estrelase en 1908 en Echterdingen.
A caída prendeu o interés do público no desenvolvemento dos dirixibles e unha campaña de recolección de fondos logrou xuntar máis de 6 millóns de marcos alemáns.
Os cartos empregáronse para desenvolver o Luftschiffbau Zeppelin e unha Fundación Zeppelin.
Ese mesmo ano a administración militar comprou o LZ3 e púxoo en uso baixo o novo nome de Z1.
A partir de 1909 os dirixibles tamén se empregaron na aviación civil coa creación dunha compañía de transporte aéreo de pasaxeiros mediante dirixibles (DELAG).
Ata
Durante a I Guerra Mundial (1914-18) foron empregados máis de cen dirixibles polo exército e a mariña de Alemaña, tanto en tarefas de recoñecemento (cun papel importante na batalla de Jutlandia) como para o bombardeo aéreo do territorio enemigo (os alemans bombardearon varios puntos de Inglaterra en 1915-17).
Sen embargo, a súa lentitude, o seu tamaño e a súa fraxilidade facíaos moi vulnerables á artillería antiaérea, unha vez que ésta fixo a súa aparición, polo que deixaron de empregarse para os bombardeos despois do fracaso dun ataque sobre Londres en 1917.
O conde Zeppelin morreu en 1917, antes do remate da Primeira Guerra Mundial.
Non veu, por tanto, nin o peche provisional do proxecto Zeppelin por causa do Tratado de Versalles nin o rexurdimento dos mesmos baixo o seu sucesor, Hugo Eckener.
Tampouco chegou a ver cumprido o seu soño de preparar voos trasatlánticos, que se fixo realidade entre 1928 e 1937.
Finalmente, o accidente do Dirixible Hindenburg 20 anos máis tarde, o 6 de maio de 1937, na Estación Aeronaval de Lakehurst , acabou coa historia dos dirixibles como medio de transporte.
Púxose o seu nome ao único portaavions alemán construído na Segunda Guerra Mundial e aos dirixibles LZ 127 e LZ 130.
Tamén reciben comunmente o nome de zeppelín os dirixibles que desenvolveu.
Curiosidades [editar]
O accidente do dirixible Hindenburg levou á inspiración para o nome do coñecido grupo de Led Zeppelin.
Ao parecer, Keith Moon aseguroulles que a banda "viríase abaixo como un zeppelín de chumbo" (en inglés Lead Zeppelin, que se pronuncia moi parecido a Led Zeppelin).
O Hindenburg tamén aparece na portada do seu primeiro álbum.
Véxase tamén [editar]
No hay comentarios:
Publicar un comentario