Nom me canso de ler o libro de Clarisa Pinkola Estes: "Mulleres que corren cos lobos". Nom deixo de descubrir, aprender e desfrutar dos seus contos fermosos e sabios.
Oxe lín esta fermosísima descripción do corpo dunha muller. Eiquí volo deixo, disfrutádeo...e non esquezades...os nosos corpos son o que son, poderosos, perfectos e salvaxes!
"O corpo é como a terra. É unha terra en sí mesmo. E é tan vulnerable ao exceso de edificacións coma calquera paisaxe, pois tamén está dividido en parcelas, illado, sementado de minas e privado do seu poder.
Non é fácil reconverter á muller salvaxe mediante plans de remodelación.
O peito en tódalas súas formas desenvolve a función de sentir e alimentar. ¿Alimenta? ¿Sinte? Entón é un bo peito.
As pernas están destinadas a levarnos e a veces a propulsarnos; son as poleas que nos axudan a elevarnos, son un anel para rodear ao amante. Non poden ser demasiado esto ou demasiado o outro. Son o que son. Nos corpos non hai ningún “ten que ser”.
O importante non é o tamaño, a forma ou os anos e nin sequera o feito de ter un par de cada cousa, pois algúns non o teñen. O importante desde o punto de vista salvaxe é se o corpo sinte, se ten unha boa conexión co pracer, co corazón, coa alma, co salvaxe.
¿É felis e está alegre? ¿Pode moverse a sua maneira, bailar, menearse, oscilar, empurrar? É o único que importa.
Ntozake Shange fala na súa obra de para as chicas de cor que pensaron no suicidio basta co arco da vella.
Na obra, a muller morada fala tras ter tratado con todas as súas forzas de asumir tódolos aspectos psíquicos e físicos da súa persoa que a cultura ignora ou despreza. E resúmese a sí mesma nestas sabias e serenas palabras:
eso é o que teño...
poemas
grandes muslos
e pequenas tetas
e
moitísimo amor.
Este é o poder do corpo, o noso poder, o poder da muller salvaxe.
Nos mitos e os contos de fadas, as divinidades e outros grandes espíritos poñen a proba os corazóns dos seres humanos aparecéndose baixo distintas formas que ocultan a súa divinidade.
Preséntanse con túnicas, farrapentos ou faixas prateadas ou cos pés cubertos de barro.
Preséntanse coa pel tan escura como a madeira vella ou con escamas feitas de pétalos de rosa, cun aspecto tan fráxil como dos nenos, como o dunha vella tan amarela como as limas, como un home que non pode falar ou como un animal que fala.
Os grandes poderes poñen a proba aos seres humanos para averiguar se xa aprendereon a recoñecer a grandeza da alma en tódalas súas múltiples formas.
A Muller Salvaxe preséntas con moitos tamaños, cores, formas e condicións. Debemos permanecera tentas para poder recoñecer a alma salvaxe en tódolos súas múltiples vestimentas.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario