lunes, 15 de febrero de 2010

ORIXES E ETAPAS DA TINTA, por Nidia Cobiella




Atribúese a invención aos chinos, que a inventaron uns 2500 anos antes de Cristo. As primeiras tintas estaban feitas con tinturas vexetais naturais.





Xa nas primeiras pinturas rupestres creadas polo home nas covas e paredes rochosas encóntranse rastros de emulsións coreadas coas que pintaban os seus trazos.





A tinta comezouse a usar na antigüidade para escribir en papiro. Encontráronse tamén en Exipto antgas escrituras en negro e vermello, en papiros escritos con cálamo, nalgúns hipoxeos (Sepulturas subterráneas)




As tintas antigas consistían na unión dun pigmento chamado negro de fume, cola e sustancias aromáticas. Había que mesturar con auga para logo usar. Foron as coñecidas co nome de tinta china.





Na actualidade utilízanse para debuxo se artesanías, e fabrícanse de tódalas cores, con diversos tintes sintéticos que reemprazan ao negro de fume.





A tinta máis durabale é a que se realiza con sulfate ferroso, mesturado en auga con tanino e ácido gálico, ao que se lle engade a cor (xeralmente azul).


Cando apareceron as lapiseiras estilográficas fabricáronse tintas especiais, de secado rápido.
Os bolígrafos usan tintas máis semellantes ás de imprenta. Estas fabricábanse nos seus comezos con negro de fume mesturado con vernis ou aceite de liñaza fervido.




Na Europa do Século XIII aparecen as tintas de cor, para o cal incorporáronselles pigmentos, e vernises que variaban segundo a superficie a imprimir. Hai tintas de imprenta que se acercan máis á pintura que á tinta para escritura.





A evolución fixo que se disminuira o uso das tintas escolares e manuais.


Pero á ves apareceron nunha etapa cintas entintadas para máquinas de escribir, e na actualidade tintas de impresoras para computadoras, así como impresoras láser que emprega un tóner en pó.


Tamén algunhas máquinas de fax funcionan con papel sensible ao calor.





Ata mediados do século XX usáronse os tinteiros de escritorios e escolas, onde se colocaba a tinta para a escritura de documentos e traballos.


Tinta hectográfica: Tinta cunha grande concentración de tinte nunha solución de glicerina ou de alcol.


Tinta mimeográfica: Tinta con negro de fume ou carbono nun aglutinante oleoso.


Tinta das cintas mecanográficas e dos selos de caucho (goma ou hule): Tinta composta de auga coa glicerina necesaria para evitar que enxugue (seque) na cinta ou no coxinete.





Tintas indelebles (As que se utilizan para marcar roupa). Estas tintas conteñen nitrato de prata. (Se son expostas ao calor ou á lus, ou á acción química, deixan marcados nos tecidos uns pousos ou sedimentos de prata dunha cor negra metálica).


Tinta invisible: non deixan marcas cando se escribe pero maniféstanse co calor. Outras poden manifestarse de xeito permanente por medio dunha radiación ultravioleta ou por unha reacción química. Tintas simpáticas como son o leite, o sume de limón e a solución de cloruro de cobalto, que se torna azul co calor e desvaécese cando se volve enfríar.




Tinta flexográfica: Tinta utilizada en películas de plástico transparente en outros materiais plásticos.


Tinta de anilina Tinta flexográfica que se utiliza no celofán.





Tinta magnética: Contén unha suspensión de óxido de ferro en excipientes moi viscosos, que permiten a captación de marcas, como por exemplo nas máquinas de clasificación de billetes de banco.


Tinta metálica: Tinta feita de metal en po mesturado cunha solución acuosa de goma arábiga, que sirve para rotular embalaxes de metal.



1 comentario:

Mary Hermo dijo...

Ultimamente vexo que as persoas que leen cada día o blog non estan a comentar nada, supoño que algúns artigos poidan ser moi longos aínda que interesantes e outros non tanto, pero dende logo a maioría destes artigos son cousas que ao mellor descoñecemos e poden resultar interesantes para uns e para outros non, pero comentar algo e dicir que estades e seguides aí sería de agradecer para as persoas que fan posible que o blog continúe.

Por outra banda dende aquí mandolle todo o ánimo e sorte a Luis que hoxe tiña que pasar polo quirófano. Que saibades que a operación saiu ben e esperamos telo de volta na casa nunha semaniña e logo poder volver velo sorrir polas rúas de Boiro e contarnos as súas anécdotas e historias.

Saúdos e apertas para tod@s.