martes, 9 de febrero de 2010

BREVE GUÍA DO CAMPO DO SOL, por Xurxo Mariño

Ese descoñecido cotián, o Sol é a fonte de enerxía para a vida na Terra.


A historia do planeta está profundamente ligada ao da estrela que nos quenta e ilumina, e tamén o seu destino. Un destino fatal.





Da mesma maneira que agora coñecemos moitas cousas da evolución biolóxica, tamén temos moita información sobre unha evolución a maior escala, tanto no tempo como no espazo: a evolución do Universo.





Si, o Universo evoluciona; continuamente hai estrelas que nacen, outras que morren, e outras que se encontran nalgunha etapa intermedia da súa existencia; e parella a esta evolución estelar vai a evolución dos planetas e de todo o que poida existir neles.


Deste xeito, a vida na Terra





depende criticamente da historia do Sol. Como é esta historia?



Nacemento do Sistema Solar


O Sol formouse hai uns 5 000 millóns de anos (m.a.) debido á acumulación de po e gas por efecto da gravidade.



Estes compoñentes proviñan, á súa vez, da morte doutras estrelas máis antigas.



Daquela a Terra e o resto de planetas veciños aínda non existían; estes comezaron a formarse a partir de restos do mesmo material que estaba a formar o Sol, materia que foi xuntándose e orixinando unha especie de “grumos” que xiraban arredor da nacente estrela.



Alineación al centro


O resultado deste baile cósmico foi unha concentración enorme de materia, o Sol, rodeada por outras pequenas concentracións que non alcanzaban a temperatura suficiente para que no seu interior ocorresen reaccións termonucleares, os planetas.



Nestes últimos 5 000 m.a. pasaron moitas cousas.


O feito de que os planetas sexan “fríos” permitiu, en concreto na Terra, a aparición de seres vivos.



A evolución da vida é un acontecemento secundario que acontece dentro doutra evolución da maior rango.


Cara onde van a Terra e o Sol? Que vai ocorrer con estes astros?




Morte do planeta Terra


Ao Sol vai pasarlle o mesmo que lles acontece a todas as estrelas de características similares: morrerá, deixará de emitir enerxía dentro duns 5 000 m.a.


Estamos, por tanto, no medio da súa vida.


Durante ese tempo o Sol queimará o combustíbel que aínda lle queda (o hidróxeno) e, unha vez esgotado, comezará a aumentar de tamaño para converterse nun monstro que engulirá aos planetas máis próximos, incluída a Terra.


Este é o destino fatal do noso planeta: perecer abrasado por unha estrela agonizante.



Daquela a vida na Terra xa terá desaparecido porque, ao comezar a crecer o Sol o incremento de temperatura provocará a evaporación de toda a auga da superficie do planeta: os seres vivos dependemos da auga, estamos formados por ela.



Isto quere decer que á vida na Terra lle quedan menos de 5 000 m.a. Que vai pasar coa nosa especie? Desaparecer? Emigrar a outros planetas?



Morte do Sol



Mais sigamos coa estrela. Como dicía, aumentará moitísimo de tamaño, converténdose nun tipo de estrela chamada xigante vermella.




Este incremento de volume é debido á perda de masa que ten lugar como consecuencia da súa actividade: ao existir menos masa a materia está menos concentrada porque o efecto da forza da gravidade é menor.


A continuación o Sol, ou o que quede del, expulsará ao exterior grande cantidade de materia, orixinando unha nebulosa.



No interior o núcleo pasará a ser unha “pequena” esfera (pouco maior que a Terra actual): a este tipo de estrelas chámaselles ananas brancas.



O noso Sol, transformado agora nunha anana branca, irá apagándose pouco a pouco até converterse nun montón de cinzas.



A nosa estrela vai ter ese destino porque ten relativamente pouca masa. Hai outros astros máis masivos que rematan a súa existencia estoupando, orixinando as chamadas supernovas.



Algunhas destas supernovas dan lugar a unhas estrelas que emiten enerxía de maneira rítmica: son as estrelas de neutróns ou “pulsars”.



Outras, as supernovas de moitísima masa,



rematan como furados negros,



estrelas cun campo gravitatorio tan intenso que é quen de atrapar até a luz.



Re-nacemento


Mais as estrelas son como o Ave Fénix, e volven a xurdir das súas cinzas. A materia que é emitida ao espazo polos astros agonizantes pode volver a xuntarse por efecto da gravidade, para orixinar novas estrelas e planetas.




De feito, os científicos consideran que o Sol é unha estrela de terceira xeración, contando desde o “big bang”.





Ao mirar polas noites ao ceo podemos ver astros en distintas etapas da súa existencia: nubes de po e gas concentrándose para formar novos mundos, como a Nebulosa de Orión;




estrelas moi mozas, como as Pléiades;



medianas, como o Sol; vellas, como a xigante vermella Aldebarán;






, dúas estrelas xigantes




ou restos de supernovas, como a Nebulosa do Cangrexo.





Toda esta enciclopedia galáctica de vida e morte está aí, á nosa vista.

No hay comentarios: