A miúdo, cando se comenta o tema da meditación, moitas persoas din “meditar é relaxarse e pór a mente en branco, e a min esto fáiseme moi complicado”.
Esa afirmacion require de varias aclaracións.
Noutras palabras, sen gran difcultade podemos atopar infinidade de bos argumentos para demostrar e crer firmemente que calquera cousa é difícil. E como é difícl, xa temos a excusa para non facelo. E ao non facelo, non progresamos.
Pero a fin de contas, eses argumentos atopámolos nós. Cunha actitude mental positva (AMP), poderemos encontrar argumentos positivos en lugar de negativos, e entón xa non veremos o asunto difícil senón como un reto que merece a pena tomar, e por tanto actuaremos.
E a lei de causa e efecto dinos que toda acción deriva nun resultado. E por suposto, ese resultado fará que as cousas cambien (e no caso de aprender a meditar, sen dúbida cambiarán deica mellor).
En resume, como sempre, a decision é nosa, e da nosa decisión AGORA depende o noso futuro. Non o dubide! Vale a pena aprender a meditar!
O avión frea e párase. E antes de intentar despegar de novo, é necesario dedicar tempo para volver outra veza o comezo da pista, e logo volver tomar velocidade desde cero.
Se meditamos regularmente, mantemos as turbinas a tope, non deixamos de tomar carreiriña, e ao final despegamos. Se meditamos varios dias con regularidade, pero logo nos esquecemos, e so o volvemos facer de vez en cando, é como se nos paráramos na metade da pista. A seguinte ves estaremos outra ves ao principio da pista tomando velocidade desde cero, e non teremos despegado.
Finalmente, dicir que non é correcto abordar a meditación como “deixar a mente en branco”. Para empezar, garantízolles se explicamos así a meditación, unha grande porcentaxe de persoas non poderán evitar pensar na cor branca, e ao facelo xa están pensando!!
Se temos un obxectivo ao meditar (ter a mente en branco, baleirar a mente, ou o que sexa), o que imos facer inevitablemente é pensar. E aínda cando consigamos estar uns milisegundos en estado meditativo, a mente entrará de novo en funcionamento, preguntándose constantemente: "Logrei xa o obxectivo de non pensar?” E ao facer esto, xa estamos pensando.
Non debemos buscar ningún obxectivo concreto, porque non hai obxectivos na meditación, salvo quizais a meditación mesma, pero o curioso desto é que nunca imos poder avaliar se dito obxectivo foi logrado, porque mentres meditamos non pensamos.
E cando cheguemos a ese estado, sen dúbida ningunha, a súa mente estará baleira de pensamentos, porque non se pode pensar mentres se experimenta o presente. En cambio, cando intentamos fixar un obxectivo, temos que pensar para saber que o logramos.
Esta é unha forma de logralo (anque a miña recomendación é documentarse na multitude de libros e recursos en liña que existen sobre meditación en Internet, unha boa forma é acudir a Google e buscar pola palabra “meditación”).
Dedique todos os días 15 minutos, nunha ou dúas sesións ao día. Simplemente relaxe progresivamente o seu corpo de toda tensión, e concentre a súa atención na súa respiración, sen intentar controlala. Se aparecen pensamentos, volva o antes posible a súa respiración. Esto é todo. Non hai obxectivo.
1 comentario:
Bonito exemplo de charlatanería inútil.
Publicar un comentario