lunes, 8 de febrero de 2010

A ROUPA INTERIOR NO ANTIGO EXIPTO

A roupa interior





As pinturas nas tumbas de Exipto indícannos que os calzoncillos de coiro foron usados sobre unha roupa interior de liño como protección deste e a seu portador para evitar o seu desgaste (lembrade que o exipcio de baixa clase non andaba precisamente sobrado, incluso andaban descalzas utilizando as sandalias en ocasións festivas).





Os calzoncillos de pel de gamuza de Maiherpra, son os máis coñecidos, pero no museo de Boston existen un puñado de exemplares anque quizais non tan ben conservados e elaborados.





Calzoncillo de coiro, probablemente de pel de gacela encontrado en Tebas, procedente do Reino Novo (1550-1070 A.C.)
Este calzoncillo foi realizado nunha peza única de pel.





A decoración do patrón do rombo foi traballada facendo unha serie de reixas escalonadas e tirando do coiro para agrandar os buratos. A área rectangular grande foi deixada sen cortar para protexer as cachas do portador permitindo a liberdade de movemento.





Tamén permite que o aire flúa arredor do corpo, previndo o frotamento. Este tipo de calzoncillo era popular, e foi usado únicamente polos homes. Colocábase sobre o calzoncillo de liño xeralmente para protexelo contra desgaste.

Outra prenda de roupa interior.


Traballadores, soldados, mariñeiros e artesáns agrícolas usábanos. Exemplos deste tipo de roupa encontráronse nas tumbas de reis e de altos funcionarios.

Prenda de muller.



A maioría do último grupo tiña certa conexión con Nubia e calzoncillos semellantes encontráronse en sepulcros do grupo “c” en Nubia. Os calzoncillos de coiro crese que tamén foron usados polos portadores do tributos africanos. Esto pode suxerir que a orixe desta roupa pudera estar en Nubia.

Prenda semellando unha camiseta interior.




Un calzoncillo típico exipcio cos enreixados que podemos ver nalgunhas pinturas (Museo Británico 2564


No hay comentarios: