Saúde e Calidade de Vida, Divulgación médico sanitaria con audio e vídeo. Novas para vivir mellor. > Otorrinolaringoloxía – Novas do oído, o narís, farinxo-larinxe, cuello e glándulas salibais
Otorrinolaringoloxía – Vertixe, a gran maioría cúranse
Fotografía por:kahanaboy
¿Algunha ves sinteu que todo o que lle rodea xira ao seu redor? ¿Sinteuse tambaleante, case como se estivera montando nun barco en alta mar?
Ou ¿experimentou a sensación de esvaecerse como se estivera perdendo o control dos seus sentidos? Se as súas respostas son afirmativas, moi posiblemente vostede é parte das persoas que, aínda sen sabelo, sofre de vertixe.
Moita xente confunde diferentes verbas e antes hai que saber que é o que lle pasa ao paciente, porque non é o mesmo estar mareado, que ter mal de altura, estabilidade ou unha vertixe rotatoria, que poden ir xunto con náuseas, vómitos, perda de coñecemento, de pitidos nos ouvidos ou xordeira.
En función dos síntomas e a exploración faranse diferentes diagnósticos. Hai xente que di que ten un mareo e quizais teña unha úlcera de estómago, un infarto ou a presión baixa.
A vertixe paroxística benigna, que son unhas pedriñas chamadas otoliños que están dentro dunha canle semicircular que nos informan do equilibrio pero sobretodo dos xiros, hai veces que se saen do seu sitio, atrancan unha canle, non deixan pasar o líquido e o paciente cando se xira deica un lado, todo empeza a dar voltas.
O vértigo de Meniere, onde existe un aumento de presión dos líquidos dentro do ouvido, o que se chama endolinfa e entón prodúcese unha xordeira de nervio, pitos do ouvido e que aumentan nas crises.
Unha vertixe tamén pode ser por un tumor no nervio auditivo dentro da cabeza.
O Doutor Enric Perelló, Xefe do servizo de otorrinolaringoloxía do Hospital Val de Hebrón de Barcelona contéstanos de xeito extenso a nosas preguntas e que xuntamento coas respostas poden atopar audio ao final destas liñas:
¿Cómo se diagnostica unha vertixe cando as causas e os tipos de vertixe son tan variadas?
¿A maioría de vertixes teñen a súa causa no ouvido?
¿Cómo sei que a vertixe provén do meu oído, preguntarase agora algún paciente?
A vertixe mais común que trata o ORL: ¿Qué fases soe ter unha vertixe?
¿Se non se trata pódese cronificar e complicar a patoloxía?
¿Comó tratan farmacolóxicamente unha vertixe? ¿Que tipo de medicación dan ao paciente para controlar estas crises?
¿Cal é a estratexia nas dúas fases habituais da vertixe, é dicir, a crise aguda e intensa, e a intercrise?
Unha vertixe tamén frecuente é a vertixe de orixe cervical, que procede das vértebras cervicais: ¿Cómo se trata unha vertixe destas características?
1 Ficheiros de son (06:16 mins):
Novas relacionadas:
Hai moitos trastornos do equilibrio que non deben chamarse vertixe
A vertixe non sempre é fácil de diagnosticar
A maioría das vertixes teñen a súa orixe no ouvido
A vertixe pode aparecer de golpe sen previo aviso
Vertixe : trastorno do equilibrio
A vertixe pode afectar a persoas que están sentadas
Vertixe: “É insufrible, non es apta para facer nada”
1 comentario:
Gracias npor poñelo pero non sei se ten moito remedio, eu nun ano xa levo tres ataques vertiginosos, e non lle encontran moita explicación. O peor e o medo que che queda o andar pola rua o deitarte na cama, sempre tes medo que che volva a dar. A impotencia e terrible, e por riba si tes nenos ou maiores que coidar, entrache unha angustia por non poder facer nada.
Publicar un comentario