domingo, 14 de febrero de 2010

A ASEMBLEA DE MULLERES, por Ad Lucum Augusti


Esta semana estiven lendo A Asemblea de Mulleres de Aristófanes. Sempre me gustou a comedia clásica, resúltame divertida. Esta obra é lectura obrigatoria este ano para os alumnos de Grego de Bacharelato.


Data do século IV antes de Cristo e o seu argumento é mais ou menos o seguinte: As mulleres, fartas da malísima xestión levada a cabo polos gobernantes en Atenas, disfrázanse de homes (o proceso de deixarse medrar o vello é absolutamente hilarante) e acoden á Asemblea para propor que sexan elas as que gobernen a cidade.


Como é o único que lles queda por intentar, os poucos homes presentes na Asemblea aceptan. Lideradas por Práxagora, instauran unha especie de protocomunismo:


"Quero que todos os bens sexan comúns e que todos teñan igual parte neles e vivan dos mesmos; que non sexa este rico e aquel probe; que non cultive este un inmenso campo e outro non teña onde sepultar o seu cadavre (...) nunha palabra: establezo unha vida común e igual para todos.”


Pero ademais, para que haxa igualdade de oportunidade tamén en canto a sexo se refire, “as mulleres mais feas e imperfectas estarán xunto ás máis lindas e todo o que solicite a unha destas deberá antes consumir unha quenda coas primeiras (...), tampouco se permitirá que as mulleres cohabiten cos bos mozos sen ter cedido antes ás instancias dos deformes e esmirriados."


En fin, xa vos podedes imaxinar co nestas premisas os enredos que se desenvolven na comedia. Se se vos presenta a oportunidade de ver algunha representación da comedia tanto ateniense como romana, como as de Plauto, aproveitade. Pasaredes un bo rato.



¡ Ah! Esquecíame un detalle: na obra aparece apalabra grega mais longa coñecida que ocupan ada mai se nada menos que seis verso se medio:


λοπαδοτεμαχοσελαχογαλεο-
κρανιολειψανοδριμυποτριμματο-
σιλφιοκαρα
ϐομελιτοκατακεχυμενο-
κιχλεπικοσσυφοφαττοπεριστερα-
λεκτρυονοπτεκεφαλλιοκιγκλοπε-
λειολαγ
οσιραιοϐαφητραγα-
νοπτερυγών


Trátase do nome dun prato composto de toda clase de ingredientes. (déixovos aquí un enlace por se non podedes ver a palabra en grego)

en venres, novembro 27, 2009

No hay comentarios: