sábado, 27 de febrero de 2010

NATURALIDADE, por Aaron

Cando xurda a ocasión de cantar, canta. E cando sintas que é momento de abstraerse, axuda a facelo do todo. Eso é o que significa ser natural.





O ser natural non quere dicir que un teña que estar aberto as vintecatro horas: non es unha tenda das que abren toda a noite.





Hai momentos nos que un debería abstraerse, do contrario resultaría derreador, tedioso, aburrido. Non hai necesidade de sorrir continuamente; so os políticos o fan, e son a xente mais tonta do mundo.







Hai veces en que as bagullas son benvidas, ou deberían selo. Hai veces en que un se sinte triste, a tristura ten tamén a súa beleza, polo que cando te sintas triste, mantente triste.





Cando te sintas felís, mantente felís. Ser auténtico significa non estar nunca en contra do que xa está ocorrendo.





Déixate levar... confía na sensación. Pola noite péchanse os pétalos do loto, pola mañán ábrense de novo; é simplemente un proceso natural.





Osho.

No hay comentarios: