Suponse que a súa invención debeuse a fins relixiosos.
Desde o paleolítico o ser humano utilizou máscaras cuxos materiais foron diversos e variaron a través do tempo,
pois fóronse confeccionando con madeira, palla, códea, follas de millo, tea, pel, cráneos, cartón pedra, papel maché, látex, plásticos e outros materiais.
Utilízanse dous termos semellantes: careta e máscara.
A careta é exclusivamente para cubrir o rostro, para disimular rasgos da cara; mentres que a máscara pode cubrir todo o corpo e foron usadas nalgunhas culturas. Hoxe en día aínda siguen utilizándose con fins relixiosos.
Algúns achádegos arqueolóxicos demostraron que eran moi usadas en Exipto para perpetuar co nelas os rostros dos mortos.
Facíanse tratando de imitar do xeito máis fielmente posible, o rostro do difunto e colocábase xunto co ataúde, pintándose da mesma maneira que éste.
Elaborábanse cun cartón realizado con lienzo ou papiro, revestido con estuco, que –co paso do tempo- endurecíase e presentaba total consistencia.
Segundo a clase social á que pertencera o morto, podería chegar a revestirse cunha lámina de ouro. Non se lle furaban os ollos nin a boca, e se lles representaban con incrustacións ou pinturas.
Os estudos arqueolóxicos levados a cabo en tumbas fenicias, tamén demostraron que esta civilización practicaba o costume de utilizar máscaras funerarias.
Rastros de máscaras tamén foron atopados en antigas pinturas rupestres.
Comezou a evolucionar o uso da máscara, en Roma, cando a levaban actores nos cortexos fúnebres, para que se recoñecera e lembrara o rostro do difunto.
A partir deste emprego por parte de actores, a careta axiña foi utilizada para diferentes fins.
Comezaron a usala os actores para representar fielmente nas súas obras os rostros das personaxes históricas que estaban interpretando.
Rápidamente, adoptouse o seu uso nas festas saturnais en Roma,
e comezáronas a usar con carácter festivo, dando orixe á utilización no que hoxe é o noso entroido.
Con ditas caretas comezaron a realizar esceas burlescas dos ritos sagrados.
Foron evolucionando e cambiando os seus usos, ata a actualidade, en que é frecuente soamente nas carnestolendas.
As caretas actuais produto da fantasía, a imaxinación e a creatividade,
forman parte dos carnavais de todo o mundo, e das festas de disfraces que estes traen aparellados. Tamén se usan nas festas de Halloween.
Á par deste emprego que se continuou ata nosos días, a máscara ou a careta – ademais de ser común nas celebración cristiáns medievais
- tuvo outro uso, na Idade media, cando as levaban de metal, os Cabaleiros medievais para protexerse nas súas loitas, e nalgúns casos engadíanselle arromedos faciais para demostrar o carácter de quen as portaba.
Segundo as diferentes culturas, estes símbolos variaron nas súas formas, tamaños, decoración, características, realismo ou abstracción, algunhas usadas para cubrir todo o corpo, como por exemplo, as enormes pezas de tipo ritual de Oceanía (as dos Papúes chegan a medir seis metros de alto)
e outras diminutas, como as das mulleres esquimós.
Moitos pobos primitivos usaron as máscaras e caretas para realizar os seus rituais, e estas representaban deidades, seres mitolóxicos ou espíritos malignos, ou a Deus e ao Demo; en cada caso con significados ceremoniais distintos.
Se a máscara usada era de animais, podía simbolizar o rogo para asegurar o éxito da caza. Así mesmo, tamén hai culturas que utilizaban máscaras para escorrentar pestes e enfermidades.
Na actualidade existen moitos coleccionistas de arte que aprecian certas pezas, que constitúen manifestacións artísitcas primitivas de moitas culturas, e que exhiben ou adquire na gran valor monetario, e proceden xeralmente de África,
Oceanía
e de culturas indíxenas americanas.
O Dr. Ricardo E. Alegría, destacado antropólogo portorriqueño, no seu ensaio sobre a máscara nas Antillas Maiores,
sinala que “No que respecta á área caribeña, específcamente nas Antillas Maiores, as máscaras máis antigas apareceron nos restos arqueolóxicos dos indios saladoides.
Estas máscaras eran confeccionadas en barro e representaban cara humanoides”. (1992. P.1)
Hoxe en día, popularizouse o uso das caretas tamén como cotillón de celebracións e cumpreanos, así como a súa utilización en xogos e xoguetes para nenos, agregando aos tradicionais persoaxes representados, os heroes de novelas, revistas, o cine e a televisión.
4 comentarios:
Non sabía que Luís tivera que pasar polo quirófano onte luns. Menos mal que, seghún nos conta Mari, saeu ben da operaçión.
Eu tamén espero velo axiña de volta por aquí, e que nos poda contar máis cousas, como el sabe e sempre fixo.
Unha aperta
Unha aperta tamén a Mari. Estou de acordo contigho en que aparte das temáticas expostas no blog, os comentarios son importantes sexa sobre temas publicados ou de suçesos da vida, senón ¿cómo íbamos saber do noso compañeiro Luís, ou de calquera de nós?
Un saúdo a todos vós
A min gustame a rutina.
Todo o mundo se queixa da rutina, pero cando saes dela non sempre e por boa cousa. Nestes dias que deberiamos andar polas ruas cos rapaces disfrazados, comendo orellas e vendo os amigos, pois nada, velaí tendes a Luis na cama dun hospital, eu que levo unha semana sin ser persoa por culpa dun ataque de vértigo, e veremos ainda canto dura; e seguro que hai mais blogueiros con outros achaques.
Bueno dende aqui pido a quen sexa que volva a rutina de madrugar, levar os rapaces a parada, comprar, aspirar,planchar, etc...
Teño escoitado frecuentemente dos ataques de vértigho.
Aínda hoxe en día non sei moi ben porque se orixinan ou como se produçen.
Ademais, os síntomas non os loghro preçisar moi ben.
Que te mellores ti tamén, Pili, e podas volver á rutina.
Unha aperta
Espero que te recuperes pronto Pili e que Luis tamén se poña bo pronto.
Bicos para tod@s os que estes días ou noutros o están a pasar mal polos motivos que sexan, pero tratade de contarnolo para darvos animos.
Publicar un comentario