jueves, 25 de febrero de 2010

O ETERNO CHARLES CHAPLIN

Actor, compositor, produtor e director inglés, que alcanzou fama internacional coas súas películas mudas, e que é considerado un dos grandes creadores da historia do cine.






O seu nome completo era sir Charles Spencer Chaplin. Naceu en Londres, nunha familia de artistas de variedades, comezou a actuar xa de neno en musicais e pantomimas.




En 1910 viaxou a Estados Unidos nunha xira coa gran compañía para a que traballaba, e estableceuse alí definitivamente dous anos despois.



Chaplin apereceu por primeira ves no cine en 1913, nas películas da Keystone, de Mack Sennett.




En Carreiras de autos para nenos (ou Carreiras abafantes, 1914) fixo por ves primeira a persoaxe do vagabundo Charlot, cuns longos pantalóns, enormes zapatos, bombín e bastón de bambú, papel que interpretaría logo en máis de setenta películas, incluída O vagabundo (ou Charlot vagabundo, en 1915).




Neste ano asociouse coa compañía Essanay, despois coa Mutual e coa First National, ata ter os seus propios estudos en Hollywood en 1918.




Durante estes anos de películas curtas, desenvolveu paulatinamente a persoaxe do vagabundo, pasando do estereotipo do paiaso traveso á figura humana e compasiva que calaría nos espectadores de todo o mundo.




En 1919 fundou, xunto con Mary Pickford, Douglas Fairbanks e D.W. Griffith a United Artists Corporation, na que seguiría ata o ano 1952.






As súas películas mais importantes como actor, director e produtor foron as mudas: O chico (1921), O peregrino (1924), A quimeira do ouro (1925), O circo (1928), Luces da cidade (1931), e Tempos modernos (1936), todas elas récords sucesivos de taquilla, pese a realizarse xa durante a época do cine sonoro.





A estas seguiron O gran dictador (1940), Monsieur Verdoux (1947), onde aparece por última ves a súa persoaxe de Charlot, Candilexas (1952), e Un rei en Nova Iorque (1957).



Aparte dirixeu, sen protagonizalas, Unha muller de París (1923) e A condesa de Hong Kong (1966), onde fai un pequeno papel. Tamén compuxo a música da maioría das súas películas.




Chaplin perfeccionou un estilo persoal de interpretación, derivado do paiaso de circo e do mimo, combinando a elegancia acrobática, a expresividade do xesto e a elocuencia facial, cun sentido do ritmo impecable.




A súa creación do pequeno vagabundo Charlot, un símbolo universal da individualidade indestrutible, triunfante contra a adversidade e a persecución, tanto humana como mecánica, doulle fama mundial como comediante e actor dramático.



A chegada do sonoro a finais da década de 1920 non prexudicou a efectividade da súa pantomima, da que dependía en gran parte a súa creación.



Ao mesmo tempo, comezou a manifestar a súa preocupación polos problemas sociais da súa época.





Máis tarde abandonou o papel do vagabundo para facer persoaxes específicas, nunha transición que marca O gran ditador, onde xa usa plenamente os recursos do sonoro. O enforque chapliniano combina a sátira e o patetismo melodramático, baixo os que late o amor á humanidade e á liberdade mundial.




Escribeu dous libros A miña autobiografía (1964) e A miña vida no cine (1975). A finais da década de 1940 e principios da de 1950, Chaplin sufriría a persecución da caza de bruxas maccarthysta, polo seu pensamento político de esquerdas; abandonou os Estados Unido sen 1952 para establecerse en Suíza.





En 1972, fixo unha breve viaxe aos Estados Unidos para recibir varios premios, entre eles un Oscar honorífico polas súas contribucións á cinematografía. Foi nomeado sir en 1975. Morreu o día de Nadal de 1977, en Corsier-Sur-Vevey, Suiza.

No hay comentarios: