Gisel Bell, unha adolescente capitalina de 16 anos, está convencida de que a ela lle pasou co seu noivo. “Namorámonos desde que nos vimos. Xa levamos un ano e tres meses, e pensamos casarnos”.
Outros dous xóvenes, Yailén Álvarez e Ezequiel Fernández, estudantes do Politécnico de Telecomunicacións do municipio de Plaza, en Ciudad La Habana, tamén opinan o mesmo.
Ambos sosteñen que ese sentimento pode nacer de xeito súbito. “É o que nos pasou a nós. Foi tan forte que nos fixemos noivos”, afirman.
Non é tan sinxelo como o pintan...
Moitas son as persoas que como Ezequiel, Gisel e Yailén cren no amor a primeira vista. Sen embargo, segundo os especialistas, esta concepción é realmente discutible.
Expertos no tema consideran que o amor non xurde súbitamente. “Sucede que algúns confunden a atracción co amor, obsesiónanse e déixanse levar pola emoción que sinten.
Nestes casos, pode que a relación fructifique, pero non nace sendo amor. Este conxunto de sentimentos constrúese e aparece cando os namorados aprenden a aceptarse tal cal son”, plantean.
En opinión de Heinrich Bruchner, autor de numerosas publicacions sobre cuestions sexuais e amorosas, o que se sinte nun primeiro momento pode ser realmente auténtico, pero a súa solides e estabilidade non poden valorarse desde o principio.
Pode ser, incluso, que sexamos correspondidos, pero en ocasións esto esvaécese, porque os seres humanos desenvólvense constantemente.
Asevera Bruchner: “Anque nun primeiro momento chegue a impresionarnos a forma de ser dunha persoa, os seus movementos, aparencia e outras características, polo xeral, os valores humanos internos non se captan rápidamente.
“A esta sorte de encantamento deberíamos chamarlle namoramento a primeira vista, porque set rata mais ben dun anhelo romántico que destella, unha intensa atracción sentimental”.
Cupido ten a culpa
O impacto emocional que experimentamos ao coñecer a outra persoa e quedarnos completamente deslumbrados, non é mais que un frechazo de Cupido, unha especie de namoramento repentino que non permite pensar en nada mais.
Unha mestura desa química que atrae ou alonxa aos seres humanos, coa idealización que cada un elabora sobre o outro e, posteriormente, trasladamos a un individuo en específico.
En cambio, o amor é outra cousa: implica ademais de atracción, desexo e cariño, coñecemento mutuo, porque ninguén pode amar a quen non coñece.
Tamén respecto, confianza, preocupación por todo o que garde relación coa persoa amada e aceptar a nosa parella coas súas virtudes e defectos.
É, a dicir dos expertos, o verdadeiro froito que pode dar ou non o enamoramento, e esixe estabilidade e perdurabilidade: dous criterios que confirmar a sua verdadeira existencia.
2 comentarios:
De non existir o amor a primeira vista, polo menos ter a ilusión de poder atopalo.
A pesares de que non fora o verdadeiro amor, ¿que sería eso, sabendo que a persoa está en constante evoluçión?
De tódolos xeitos, hai puntos esençiais no noso ser, invariables nas súas raíçes, que nos fan acheghar dun xeito natural e confiado a çertas persoas, que nos identifican máis cunhas persoas que con outras.
Pero os odiosos condiçionantes: soçiais, presión ou presençia dos demais, complexos adquiridos ou impostos, e toda a trancallada de merda que irrumpe no noso mundo e no noso ámbito, fan que reprimamos a inoçençia e naturalidade para manifestarlle o noso sentir e a nosa maneira de ser a quen nós quixéramos.
Non so eso, porque tendo nós mesmos, momentos de destello e liberaçión persoal, sen presión exterior ou complexos interiores, cabe a posibilidade de que a outra persoa a quen nos queremos dirixir, estea reprimida pola presión interior cal sexa, ou polos condiçionantes exteriores.
Con estas premisas, ¿como podemos cheghar a vivir con normalidade?
É que o absurdo continúa, porque senón miremos como se crean "entes" elixindo unha norma e sacrificando as distintas variables que son tan válidas como esa norma escollida, solo polo feito de que barren para a casa.
Conclusión. Seghundo eles: "Para crear ou recuperar algho, hai que sacrificar aos outros mundos particulares e xerais, porque non lles ghustan aos interpretadores e vividores da realidade."
E eu inclúome nos que están sendo sacrificados pola norma.
OU CABEMOS TODOS, OU SENÓN, MERDA PARA A NORMA, PARA OS SEUS CREADORES E TÓDOLOS SEUS SEGHUIDORES.
¡¡¡Pois claro que existe o amor a primeira vista!!!
Como podedes dúbidalo? Se non o atopastedes...tende coidado: está en claquer punto, en calquer momento...e como vos agarre...pobre de vós se non sodes correspondidos...ten unha cura moi tardía!!! (Pero "sabe" tan ben...)
Un saúdo para os enfermos e que se recuperen o máis axiña posible.
Publicar un comentario