Terían pasado 6 horas dende a saída do sol, e despóis de sinco camiñando sen parar, sen contar as veses que houbo que parar para jritarlle ao Avesgante, xa que as súas longas pernas daban pasos que paresían rías. O conto é que o moi... non esperaba non non non, por cada jrito que lle daban Brais e Xiro, máis rápido paresía ir.
Nesto Brais, farto de camiñar jritoulle ao Avesgante: "Jei tí, vou faser sopa ajora mesmo que morro coa fame...", foi jritar iso e o Avesgante fitou coma pedra, virou o pescoso, e puxo cara de interrojante, ajora sí entenderon porque o Avesgante era Avesgante, e que tiña cara de interrojante... jajaja jajaja jajaja, escacharon a rír Xiro e Brais de súpeto, coma se tiveranse lido o pensamento dun e doutro.
Avesgante raudo chejou xunta deles, e dixo que foran preparando todo, xa que él mesmo iría a por paus para faser o lume, e dito isto salíu coma unha sentella cara o bosque de carballos, piñeiros, e non sei que máis árbores que se espallaban pola dereita, pola esquera, por arriba por embaixo... mi madriña canta leña.
Brais e Xiro comensaron a falar entre eles do camiño feito, de como o resto de coñesidos andarían polas praias, alí o ladiño das súas casas. De sejuro que as nais deles non estarían tan contentas, pero ajora que levaban dúas noites fora, mellor sejir, xa que os tortasos ían ser ijual de jrandes foran dúas noites coma nove. As súas nais acostumaran fasía moito as "espedisións", coma elas chamaban as desaparisións dos seus fillos. Dito isto sejiron cosiñando tranquilamente, para que darlle voltas o que xa sabían, jajaja escacharon a rír unha e mil veses máis.
Sabían que o castijo había de ser polo menos dun ano, pero ¡qué importa sufrir si luchas por tu libertad! leran naljún sitio...
Avesgante dou rejresado antes de terse durmido estes teimados rapases que vos teño presentado.
Faise tarde...
Tería que contarvos máis do noso amijo Peto, pero o sono hoxe non me deixa rematar. Tal ves mañán, tal ves pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario