N) COPLAS SOBRE AS COSTUREIRAS
Tódalas costureiriñas son delghadas de çintura,
non poden comelo caldo porque lle fai mal a verdura.
Tódalas costureiriñas son feitiñas ó nivel,
son amighuiñas dos moços, como as abellas do mel.
Costureiriña bonita dáme das túas aghullas,
que eu che darei alfileres para prender nas costuras.
Costureiriña bonita dáme unha agulla de plata,
para tirar unha espiña do coraçón que me mata.
Ai lalelo, ai lalalo.
O amor da costureira era papel e mollouse.
Aghora costureiriña o teu amor acabouse.
Non cho quero costureira (bis),
que o tes máis apaghado có figho da fighueira.
Ñ) O BAILE DO PAN OU REGUEIFA DO PAN
Antighamente cando se casaba alghuén, a voda façíana na casa do noivo ou da noiva, elixindo sempre o xantar na casa do que tivera que marchar.
Reuníanse os pais, os padriños, os noivos, alghún familiar máis que quixeran os pais, e posiblemente outro espúreo ou espúreos.
Despois do casamento na ighrexa, viñan para xantar á casa do que lle tocaba marchar dela para a casa dos soghros.
Era un xantar normal do que houbera dentro da escasés, caldo - coçido, carneiro, ..., é diçir, o que pudera haber polas casas, outros nin eso.
Logho polo tarde, ó acabar de xantar, había o baile do pan, no que os moços e moças xuntábanse na eira como tipo romería.
Puñan un mantel, manta ou trapo no chan da eira na que tiñan colocados os bolos que se puderan façer para a voda, seghundo a materia prima e posibilidades destas familias.
Entón, dependendo da contía de chavalas ou mulleres que houbese na voda, e dos bolos de pan feitos para o día, puñan un bolo de pan enriba da súa cabeça, dançando o solto coordinadas cos moços e homes, todos arredor do mantel sen que as que tiveran un bolo na cabeça lles caera, ao son e compás das pandeiretas e ighual tamén conseghuiran ter un ghaiteiro.
Despois, nun momento determinado da dança, pousaban o pan enriba do mantel e seghuían bailando arredor del, e os homes que partiçipaban no baile, sen perder o ritmo da música nin o seu movemento, trataban de levantar co pé as puntas do mantel ou pano para tapar o bolo ou bolos de pan, e cando se conseghuía tapar, ao pouco remataba a dança.
Despois, xa esqueçida na memoria do tempo, dous moços dos máis expertos reghueifeiros botaban coplas entre sí, nunha disputa dialéctica, e o que quedase coa última era o que tiña o privilexio de repartir o pan.
Repartíase un anaco de pan coma un dedo a cada persoa do baile e do resto dos membros da voda.
Ao anoiteçer, cando cheghaba a hora de çear, iban todos xuntos para a casa nativa do membro reçén casado na que se quedarían definitivamente a vivir, e alí volvían çear tamén do que houbera.
Logho de rematada a çea e de terse acabado todo, xa quedaban a vivir alí. Non había vacaçións nin lúa de mel, posto que urxía traballar e sobrevivir para cubrir as neçesidades máis básicas e fundamentais.
Estes costumes de lúa de mel e de viaxes eran totalmente alleos á maior parte da poboaçión, daquela en maior medida de ámbito rural. Tales plantexamentos e propósitos perteneçían a unha órbita soçial allea e desconectada físicamente e culturalmente coa poboaçión.
Os costumes ou prácticas da lúa de mel e as vacaçións foron introduçidas moi tardiamente seghundo cambiou a economía e con eso os usos e costumes das xentes, posto que na xeraçión de nosos pais ese tempo de leçer non existía nin en soños, polo que non se ocorrían plantear tales propósitos.
O) O MUÍÑO
Cando se iba moer a un muíño alleo por ser propiedade dun particular, este tíñalle posto no muíño un caixón como medida, chamado “maquía” no cal se depositaba unha pequena cantidade de fariña ao estar moendo o ghran.
Este era o pagho en espeçie que cobraba “o maquieiro” ou muiñeiro dono da maquía.
Se “a maquía” ou queixón non estaba instalada no muíño, senón que era un caixón en sí separado, obrábase da maneira en que o dono do muíño restáballe a quen viña moer un caixón de ghran do saco para quedarse con el como pagho polo uso do muíño.
Dun ferrado de millo para moer, o muiñeiro en ves de cobrarlle por un diçir como exemplo çinco, ..., pesos por moelo, sacáballe media cunca de millo ou o que lle estableçera como pagho por moer. A esto chámase a maquía e ao muiñeiro dono desa maquía denomínase maquieiro.
Había varios muíños de maquía e uns maquieiros maquiaban máis que outros, é diçir, tiñan unhas medidas distintas entre sí, polo que a persoa que fora a un maquieiro e vira que lle sacaba moito, para a próxima iba a outro.
Existían distintos tipos de muíño de aghua: muíño de millo, muíño de trigho, muíño de çenteo. Os ghrans de millo son máis duros que os de trigho e çenteo, polo que se neçesita unha pedra ou “moa” máis ghrosa para remoer e obter a fariña.
En cambio para os de trigho e çenteo, a “moa” estaba máis picada, podendo coller e desfaçer mellor o ghran para conseghuir a fariña.
Referido ao de trigho, e posiblemente de çereais equivalentes: çenteo, …, existía en Noia un muíño deste tipo que a xente desa vila lle chamaba “a molinera”, que tiña a pedra máis picada, miúda e fina, polo que ao moer nel a fariña saía moi fina, quedando o pan máis blanco.
Independentemente do tipo de muíños e das súas características técnicas, cando estes adoeçían de ter alghunha das súas peças floxas, e provocaban que o ghran escapara ou marchara para o río, diçíase del: “Este muíño moito aghoa”. Vese a conexión do verbo aghoar coa palabra aghua.
Esta expresión foise adaptando a outros usos como por exemplo: ¡Ai, pareçes un muíño que aghoa!, como explicaçión a unha persoa que come moito e non se lle ve (no corpo).
Estaba moi extendido polas aldeas o dereito común de construír entre varias casas un muíño, o cal encarghábase case sempre a canteiros, aos que se lle paghaba unha cantidade que cada un dos soçios aportaba seghundo pudera.
De ter alghún dos soçios ofiçio ou conoçemento de canteiro, podía partiçipar aportando xa co seu traballo na construçión. Debían ser como mínimo sete casas, que podían corresponder á mesma aldea ou tamén de casas de aldeas veçiñas.
En base á aportaçión de cada casa, realiçábase un documento baixo notario para estableçer a proporçión dos soçios na propiedade do muíño así como as roldas ou medias roldas de cada día da semana que lle correspondían a cada un (cada casa) para moer o fruto.
Unha rolda correspondía a un día enteiro coa súa noite completa.
Media rolda era un día, ou senón unha noite.
De seren máis de sete veçiños ou casas que interviran na súa construççión, deberían adaptar as roldas ou medias roldas ao reparto que correspondía seghundo a porçentaxe que tiveran no dereito de propiedade, así como mellor se adaptasen tamén a cadaquén.
A posesión da chave podía ter varias posibilidades:
- Unha delas era tela a persoa que moera na última rolda ou media rolda.
- Outra opçión pudera ser de devolverlla sempre ao soçio que tivera a casa máis preto do muíño.
- Existía a forma de que o veçiño seghuinte que lle iba tocar moer, fórase açercando ao muíño antes de que acabara o que estaba alí para esperalo e collerlle a chave.
- E tamén había un costume de deixala nun burato que buscaban polo exterior do muíño e que tódolos que tiñan parte sabían del.
Se un veçiño “A” dunha aldea lle quedara máis ou menos a desmán o muíño ao que viña moer, e outra persoa “B” tiña este muíño máis preto có anterior, pero este “B” debía despraçarse para moer a un muíño situado preto da aldea do veçiño “A”, podían cheghar a façer unha permuta de palabra entre eles (non por escrito), intercambiándose entre sí os muíños.
O saco de millo, ou doutros çereais para levar a moer ao muíño, carrexábanse xeralmente no lombo ou na cabeça.
Había persoas de Belles de Baixo que viñan moer ao muíño do Ramallal en Cures, o cal está a media distançia entre A Cuncheira e Cures. Traían o saco de ghran no lombo ou na cabeça para volver da mesma maneira co saco de fariña de volta para Belles de Baixo monte arriba. Viñan de noite ou de día, seghundo tocara a rolda ou media rolda.
Dábase o caso que sendo unha distançia bastante ghrande e con moita pendiente, so en contadas veçes alghuén viña coa besta para traer e levar a cargha, posto que o animal reservábase para ir con el á feira, e outros usos.
O empregho de burros na infançia de nosos país aínda non se introduçira. De ser o caso de ter besta na casa, debido ao custe de alimentala porque non todos posuían sufiçientes terras para alimentar á xente e aos animais, (e alghúns dábanse ao pan da cañota, é diçir, non querían traballar), pois levábase a besta en moi contadas ocasións, non en todas, posto como se dixo antes, estaba reservada para medio de transporte humano, ir ás feiras, ...
Alghúns veçiños da aldea de Cures que tiñan propiedade no muíño da Aghra de Cures, xusto á beira da ponte nova que une Cures-Ameán, ían por un camiño de pés xa que daquela o camiño de carro con direççión ao muíño en liña recta remataba á altura da casa do Currucho, ata que se abreu a pista no ano 1977. Desta maneira os sacos de ghran levábanse na cabeça ata o muíño.
Existía o camiño de carro sacramental que pasa pola casa da Eira, con direççión á ponte de pedra, chamada a "Ponte Ghrande", onde está o cruçeiro do Sampaio. De alí un ramal vai para Cadarnoxo e outro entra na aldea da Ameán.
Unha parte dos veçiños da Ameán ían moer aos muíños de Lapeal, con direççión a Pomar do Río.
Existía o muíño do cura, preto da rectoral, tamén na Ameán.
Está o muíño de Cadarnoxo, prácticamente á beira da fervenças de Cadarnoxo, pola súa parte alta.
Antes da apariçión do burro como animal de traballo na aghricultura, so se empreghaba o ghando: vacas, bestas, ...
En toda a aldea de Cures na época de meus avós so había dúas bestas. Na nosa casa de Ramón de Esperança había unha, e na de Arruchelo tiñan outra. Moito máis tarde os do Currucho fixéron con unha, pero tivérona pouco tempo.
Nese tempo en que tivemos besta, compramos a medias con Françisco do Cacheiro, irmán de miña avoa Esperança, ou fixemos un carro de cabalo para usar coa nosa besta. Con este carro íase comprar a Noia e á Serra de Outes, por exemplo millo ou calquera fruto cando non cheghaba o de aquí, para logho vender á Pobra, Boiro, Escarabote, Cabo de Crus, ...
Posteriormente, a introduççión do burro na parroquia de Cures data arredor de 1940, feito loghrado por miña avoa materna Esperança, coa compra del por meu avó Ramón.
Cando ela ía polas feiras co animal alcumábana "Esperança a do burro". Nel podía levar todo tipo de produto da época que se daba no campo: patacas, nentellas, millo, leghumbres, hortaliças, ...
En cambio a froita ía en çestos na cabeça posto que no burro sansanicaríase moito e masaríaa, estropeando o froito. Para obter a froita os avós da casa minaron terras, fixeron muros para conter esta terra, e plantaron variedade de frutais con vistas a vendelas polas feiras.
Cando non se daba abasto en levar todo no burro, e na cabeça, tamén levaban buçeiras (pequenos çestos de vimbio con asa) na man ou no braço.
Este tipo de produtos íanos vender á feira: Boiro, Cabo de Crus, Escarabote, A Pobra do Caramiñal, ..., dependendo o día que se façía a feira en cada sitio, e os días sobrantes que non a había en nincún lado, vendían polas portas das casas quen lle quixera comprar. Destacar que os pedidos de encargha diaria e fixa coma o leite non deixaban de suministrarllo a quen llo tivera encarghado.
O leite era un consumo diario, polo que se levaba diariamente a quen llo tiña pactado. Polo tanto, andaban diariamente de luns a dominco, polas mañáns sempre iban vender, e se non puderan acabalo nesa parte do día, quedaban por alí e vendían os víveres pola tarde, de porta a porta.
Pudera ser que os comestibles se vendera todo, e lle quedaran clientes sen servir, polo que volvían á casa coller máis para ir pola tarde, ou levábanllo ao día seghuinte.
Nunha determinada etapa da súa vida, cando deixou de ter o burro, tiña que levar absolutamente todo na cabeça e en buçeiras agharradas polas mans. Cando era demasiada cargha ía alghunha tía miña con ela, e despois cando se casaron as maiores, foi axudada por miña nai ao ser xa unha adolesçente.
Tiñan tres vacas na casa, que como é lóxico había que buscarlle alimento: herba, palla, patacas, fariña de millo, ..., é diçir, alternar co traballo das terras e o coidado da casa e a familia. O leite das vacas tamén se vendía, para o que se levaba en leiteiras de aluminio na cabeça, non no burro.
Muxían pola noite, e fervíano para non estropearse ao esperar á mañán seghuinte. Ighualmente, tamén muxían pola mañán as vacas, e todo ese leite xunto, o fervido da noite e o da mañán aínda reçén sacado, mesturábano nas leiteiras e levábano na cabeça a vendelo a Cabo de Crus onde llo suministrou çinco anos seghuidos á familia Carreró da fábrica de Pita, aparte que tamén llo vendía por outras casas que llo pedían neste lughar por moitos máis anos. Outros puntos de venda do leite eran por Escarabote, por Boiro, ..., moito máis lonxe co leite non se podía ir posto que tiña o seu tempo para ser consumido.
Había ghaliñas, e ghalos. Os ovos das ghaliñas vendíanse case todos na feira. Outras veçes dábanselle como troco estipulado na tradiçión cando viñan as peixeiras á casa a vender o peixe ás que tamén se lle daban espighas de millo, ou alghunha outra cousa como costume, aparte dos cartos taxados en metálico polo preçio do peixe.
Durante a ghuerra çivil estaba prohibido comerçiar e adquirir calquera ben en propiedade, como neste caso un burro. Así mesmo, as autoridades requisábanlle a mercaduría para manterse eles mesmos e como multa por non açeptar esta norma.
Dentro das diversas actividades de miña avoa Esperança: traballo da casa, coidar nove fillos, çeifas das leiras, traballos do monte, ..., diçir que na façeta de vendedora polas feiras durante vinte anos, ten feito tratos nalghún momento determinado e concreto da vida con alghunha veçiña como Avelina das Chonas, que tamén vendía polas feiras e coa que se levaba ben.
Este trato consistía en que nas épocas que neçesitaban máis produto para vender na feira porque non lle cheghaban o que sementaban nas súas propiedades, ou porque alghún fruto non se cultivaba por aquí, pois collían o Ideal Ghallegho, que daquela había esa liña, e ían ata Noia ou á Serra de Outes comprar o que preçisaran para logho revender pola Pobra, Boiro, Cabo de Crus e Escarabote.
Na Serra e en Noia non acostumaban vender porque eran lughares moi surtidos desde a montaña que os arrodeaban. So ían comprar e despois viñan vender por esta parte do territorio.
Arredor do ano 1956, Françisco do Cacheiro o vello, tío materno de miña nai (irmán de miña avoa Esperança) fíxose cunha burra coa funçión de integhrala nas labores de cargha para a aghricultura, e tamén como animal para tirar dos apeiros.
Co paso do tempo a xente deduçeu pola experiençia que era unha boa idea, polo que pouco a pouco boa parte das casas foron tendo o seu burro como animal de traballo.
Cantares sobre o transporte do fruto e o muíño:
A nosa burriña cando vai ó muíño vén toda enfariñada cheíña de frío, cheíña de frío e máis de xiada, ai a nosa burriña sempre anda carghada.
Vente vindo vente andando, vente vindo vente andando, corazón del alma mía. Ai!, yo por ti estoy aguardando.
A nosa burriña cando vai ó muíño vén toda enfariñada, cheíña de frío, cheíña de frío e máis de xiada, ai a nosa burriña sempre anda carghada.
P) PARTES DO TELLADO DO HÓRREO:
Tellado: Cuberta superior recuberta xeralmente con tellas, ou pudera ser doutro material.
Tella: Peça de barro coçido con forma rectanghular, curvo ou plano que forman parte do tellado.
O cume, ou parte máis elevada do tellado por onde pasa vigha que vai de pinche a pinche.
A tixeira, é de madeira con forma de arco, e vai na metade do cume para soster a vigha ao lonco de todo o cume.
Os costeiros, como nas casas son as peças que van co cume (como máximo son dous)
Os cancos, peças de madeira que van de riba abaixo no tellado, para soster as ripas e aghuantar o peso das tellas..
As ripas, peças de madeira máis pequenas que van ao través por riba dos cancos para soportar dun xeito máis acotado as tellas.
A tella de riba denomínase cuberta.
A tella de baixo leva o nome de canle.
Q) DIVISIÓN DUNHA CASA:
Unha casa cando ten dúas plantas, xeralmente ten a coçiña no baixo e na superior ten o sobrado.
O sobrado (andar superior con tódolos seus cuartos da casa)
O faiado = o faio (parte máis alta da casa xusto debaixo do tellado)

No hay comentarios:
Publicar un comentario