Erase unha vez nun pobo de Galicia, nunha pequena casa vivía un ladrón, este chamábase Tomás.
O ladrón era buscado en todo o planeta Terra… e os arredores. Era un gran ladrón de bancos, casas e calquera cousa de valor.
Tomás vivía na súa casa, roubada, coa súa muller, roubada. Un día, tranquilamente, cando estaba descansando no sofá, viu que pola ventá, pasaba un propietario do banco mundialmente coñecido, que se facía nomear como Bigbanco.
El estaba moi aburrido e xa levaba un tempo sen roubar nada entón preparouse para seguilo.Levaba uns prismáticos e un móbil.
Descubríu que vivía nunha gran mansión ás aforas da cidade con dous fillos, de dez e once anos, Xoán e Uxía e tamén tiña unha muller moi fermosa e nova duns trinta anos, e que tiñan unha gran fortuna gardada nunha caixa forte.
Pero o que non descubrira era que tiñan un can de raza bulldog francés ensinado para atacar.
Decidiu que ía roubar a casa pero antes decidiu tomar información sobre os perigos que podian acontecer, e foi visitar o seu gran amigo Pepe de Cornís, ladrón experto en roubar casas de luxo.
- Vai vestido de vendedor de xeados e téndelles unha trampa, vai directamente a onde están as xoias, e por último leva unha botella de cloroformo e un pano para durmir a toda a familia e asi poder roubar a casa con tranquilidade - recomendoulle Pepe -.
Tomás acordou ir a media tarde para non chamar a atención.
As sete e media xa estaba diante da mansión.Tomás ía moi divertido, vestido cunha camisa branca cun debuxo dun xeado na parte dianteira e un pantalón a raias de cor azul claro.
Alugara todo iso mais unha camioneta de xeados.
Nese intre os nenos que escoitaron a música da furgoneta de xeados, sairon da casa.
-Quero un xeado de chocolate, por favor.-Dixo Uxía-.
-E eu un xeado de fresa, por favor.-Dixo Xoán-.
Tomás que era moi listo, deuse a volta, e facendo que collia os xeados, mollou o pano con cloroformo. Nese intre deuse a volta.
-Nenos vide a merendar que xa é moi tarde.-chamou a nai-.
-O meu plan fastidiouse, terei que inventar outro - pensou o ladrón-.
Ao cabo duns dias ocorreuselle un plan novo: el chamaría a casa facendose pasar por un novo veciño.
Levaría un bigote postizo, unha camiseta a raias e un pantalón vaqueiro. Pasaban das sete e media e timbrou na casa do propietario do banco Bigbanco.
Nese intre abríu a porta o da casa e dixolle que por favor pasara. Mandárono sentar na sala de espera mentres que non viña o dono da casa. O mordomo marchou a comprar ao supermercado.
-Terei que facelo rápido, -pensou Tomás-.
Tomás mollou o pano con cloroformo e nun descoido durminos. Subiu a polo botín.
Cando ía sair, deuse de conta de que o sirvente pechara a porta e tivo que sair pola ventá.
Cando estaba xa case fora o can que estaba dentro, traboulle no cu, e de tanta dor caeu e rompeu unha perna. Non podia moverse asi que ao cabo de dez minutos o pai despertou e descubriu todo o que pasara.
Chamou a policia e ali descubriron quen era, asi que o levaron a cárcere. Pasou media hora e foi despertando toda a familia. O can foi o heroe. Ao can deronlle mimos e todo tipo de agasallos como galletas de fígado e masaxes no "spa perruno" da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario