martes, 27 de abril de 2010

O DESFILE DA POBRE ENFERMERÍA CAMIÑO DE COMPOSTELA (II), por Placido Lizancos Santos


En puntos estratéxicos había grandes caldeiras onde a xente levaba a ferver a roupa e anotábanse deste cumprimento.





O heroe humilde e calado foi o doutor Francisco Esmorís Recamán, médico de familia quen lle expoñía a súa vida a cada enfermo que trataba.



Viñeron as autoridades sanitarias provinciais da Coruña os que non tiñan remedio para esta perigosísima pandemia que desmou a, repito, valorosa vila Fisterrá, que en mala hora o xornalista andaluz José Más alcumou co nome da Costa da Morte no canto da Costa da Vida.


Nos meus recordos dicíase que fora un navegante fisterrán embarcado no estranxeiro, que trouxera o piollo, causante da tráxica epidemia; e que había que pranchar ben as costuras da roupa.


A don Paco, o médico, déronlle unha condecoración e un diploma que tiña agochado nunha gabeta, na súa humildade, menos mal que hoxe ten unha praza coa súa efixie.


Pareime co tifo exantemático, porque esta praga, neste caso, en concreto de Fisterra, fixo moitas vítimas; e tamén nos peregrinos a Santiago.




Hai unha opinión moi común de que o tifo o importaban a España os mouros, como se comprobou na epidemia de Granada que padeceran as tropas dos Reis Católicos.



E non andaban desencamiñados os físicos antigos dos nosos hospitais, pois os ungüentos que aplicaban neste caso eran para combater a piolleira, e hoxe tamén se fai o mesmo, porque os piollos para o tifo, como os mosquitos para o paludismo, constitúen o vehículo portador e o axente epidémico máis eficaz.


Cómpre recordar agora estoutra grave epidemia da Gripe A, neste momento de grave preocupación, que nos ameaza en Galicia. Xa pasou o Apóstolo. Os medios cacarexaron a multitude (?) de peregrinos que chegaron a Compostela.


E xa nos adiantan que o vindeiro ano por caer a festa en domingo vai ser extraordinario. En ningún xornal temos lido algunha curación milagrosa atribuída ó apóstolo, como as de Lurdes, por exemplo.


A Igrexa, a fe no Apóstolo, queda sumida pola parte crematística do turismo. Un dos partidos polítocos non comunga coa festa relixiosa e a celebra na praza da Quintana.


Se repasamos a orixe destas peregrinacións, vemos a grande evolución que sufriron os daquela, masas humanas coas súas doenzas e enfermidades contaxiosas, difusión das mesmas pola gran concentración de peregrinos procedentes dos máis diversos países, en devota romaría de perdoanzas cara ó sepulcro santo do Apóstolo. É unha gran verdade aquel dito de pola caridade entrou a peste.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

desde aquí quero felicitar a Luis, acabome de enterar que casou o sábado,
gracias por empezar co blog e que teñas moita sorte....non era sen tempo

Ramón dijo...

Tamén da miña parte, feliçidades, e que che vaia moi ben nesta nova andaina da túa vida.

Espero que a túa saúde estea moito mellor, e eses malos momentos queden esquençidos por sempre no tempo.

Anónimo dijo...

Mes sincères felicitations!!

Anónimo dijo...

A parella de noivos estaba guapisimos, vese que son unha parella namorada que forman un todo.
Larga vida, amigos meus, Luis e Noelia. Seguramente inspiredes algún dos meus poemas.
Espero que a felicidade sexa eterna.

Un biquiño para tod@s